Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta ponse un prazo de tres anos para reutilizar ou reciclar o 55 % dos residuos

Está previsto aprobar o novo Plan de Residuos Municipais o vindeiro ano // Mobilizará 455 millóns de euros ata o ano 2030

Coa finalidade de darlle un “pulo definitivo” á economía circular, Galicia contará proximamente cun novo Plan de Xestión de Residuos Municipais (PXRMG), que comezará a desenvolverse co obxectivo de aprobalo en 2023.

Trátase, tal e como explican no Goberno galego, dun documento cunha vixencia prevista de 8 anos, ata 2030, que mobilizará 455 millóns de euros para avanzar cara a “transformación do actual modelo productivo seguindo a liña marcada pola Unión Europea”, logo dos últimos cambios introducidos na normativa sectorial comunitaria.

Do orzamento total, 289 millóns (que equivalen a un 63,51%) serán investimentos directos da Xunta de Galicia, mentres que o resto serán achegas realizadas polas entidades locais e empresas privadas. O acordo de inicio para a tramitación do documento recibiu onte o visto e prace do Consello da Xunta, polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está xa en disposición de empezar a traballar nel co obxetivo de aprobalo para o vindeiro ano.

Motivos e obxectivos. Entre as razóns que motivan esta decisión, alén das novidades normativas impostas dende a Unión Europea, o Goberno galego explica que tanto os cambios socioeconómicos coma os de estrutura produtiva, así como o fin da vixencia este ano do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG), “fan necesario contar cun novo marco de actuación co horizonte temporal 2023-2030”.

Pola súa banda, á falta de que se definan as accións concretas que se van a desenvolver mediante o novo Plan, entre os obxectivos principais estará destinar, de aquí ao ano 2025, o 55% dos residuos á preparación para a reutilización e reciclaxe, tal e como indica a normativa da UE.

Alén disto, segundo informan dende a Xunta, “tamén se pretende aumentar a rede de puntos limpos de Galicia para dar cobertura ao cen por cen da poboación”, en contraposición co 92 por cento que dispón deste servizo hoxe en día.

Do mesmo xeito, outra das metas será reducir o depósito de refugallos municipais en vertedoiro ata que representen “como máximo” un 10% ou, pola contra, implantar a recollida selectiva en todo o territorio galego de novas fraccións de residuos. Estes, segundo indican dende Executivo galego, poderían ser aceites, materiais téxtiles ou tamén biorresiduos.

Dende o Goberno galego lembran que este PXRMG está enmarcado na súa estratexia global en materia de residuos, que avoga pola implantación dun modelo máis sotible, que vaia acorde coas novas normativas, e pola prevención e loita contra o cambio climático.

Novo plan
Avances nesta década

··· Este documento, co horizonte temporal 2023-2030, substuirá o anterior Plan de xestión de residuos urbanos, que leva vixente desde 2010 cun investimento de de máis de 150 millóns de euros.

··· Destacan dende a Xunta as melloras no eido da xestión de residuos. A recollida selectiva experimentou desde 2010 unha mellora significativa, onde destaca o caso do vidro, cun 65% dos envases recollidos separadamente; tamén se reduciu considerablemene a porcentaxe de residuos enviados a vertedoiro, nun 37%;e mellorouse a rede de infraestruturas, con 257 puntos limpos fixo e móbiles.

22 sep 2022 / 21:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito