Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta rexenera máis de 3 millóns de M2 de superficie marisqueira

O labor realizarase polo sector para mellorar a produción das súas zonas de traballo

    Santiago. A Consellería do Mar subvenciona a rexeneración de máis de tres millóns de metros cadrados de superficie de bancos marisqueiros ao abeiro das convocatorias de 2022 para mellorar a produtividade de zonas de marisqueo e á protección dos seus ecosistemas. O traballo será realizado polo propio sector no marco dos 45 proxectos aprobados pola Xunta para este fin por 1,4 millóns e que se desenvolverán este ano e o que vén.

    Os apoios baixo os que se realizan estas tarefas son, por unha banda, os destinados a proxectos para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sostibles, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.

    Tamén apoian labores deste tipo as achegas dirixidas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción, financiadas integramente con fondos propios da comunidade autónoma.

    Así o detalla o informe analizado onte no Consello da Xunta sobre a resolución das convocatorias deste ano. Este texto reflicte que na maioría da superficie obxecto dos labores de rexeneración realizaranse tarefas de remoción de substrato para impulsar a reprodución dos seres mariños.

    24 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito