Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

ADE e Enfermaría son os graos universitarios con máis ofertas de emprego

A simultaneidade de Empresas e Dereito sitúase no 3º posto // Galicia é a oitava comunidade en volume de postos para titulados

Entre as ofertas de emprego rexistradas na comunidade galega que piden unha titulación universitaria, un ano máis gaña por goleada ADE (Administración e Dirección de Empresas). O 9,1 % destas demandas son para titulados neste grao (dous puntos máis que o ano anterior), seguido polo de Enfermaría e o dobre grao (simultaneidade de estudos) en Administración de Empresas e Dereito, pero a bastante distancia, xa que nestes dous casos son solicitadas nun 3,9 % das ofertas, según a análise realizada pola consultoría Adecco que leva por título Informe Infoempleo Adecco 2019: Oferta y demanda de empleo en España.

Estas tres titulacións son as que teñen máis tirón nas empresas galegas, pero non son as mesmas que no resto de España. Excepto no caso de ADE, que tamén gaña no resto do territorio nacional, as seguintes son as de Enxeñería Industrial e de Enxeñería Informática. Pechan o top 5 de Galicia Ciencias do Traballo, Relacións Laborais e Recursos Humanos, co 3,7 % das ofertas galegas, e Medicina e Biomedicina, que son demandadas no 2,9 %.

As carreiras que más creceron en atractivo en Galicia, ademais de ADE, son a Enxeñería Industrial (+1,6) e Educación e Pedagoxía(1,4). Pola contra, Hostalería e Turismo pasa a ser a que máis descende neste ano, cunha caída de 4,7 puntos.

En canto á cantidade de ofertas de emprego con orixe en cada comunidade, Galicia sitúase no oitavo posto, perdendo peso. A maior parte que esixe titulación universitaria provén da Comunidade de Madrid, con 25,1 %. No segundo e terceiro posto, Cataluña e País Vasco, que aportan un 16,6% e un 14,8%.

Madrid, Cataluña e País Vasco ofertan máis da metade Deste xeito, estas tres autonomías concentran máis da metade das ofertas de emprego para universitarios (56,5 %). No 10,3 %, Andalucía; a Comunidade Valenciana, 6,9 %; Castela e León, 6,3 %; Aragón, 3,2 %; Galicia, 3 %, e Castela-A Mancha, 2,5 %. Na parte baixa da lista están Baleares (1 %), La Rioja (1,1 %), Extremadura (1,1 %), Murcia (1,3 %), Asturias (1,4 %), Navarra (1,6 %), Cantabria (1,8 %) e Canarias (2 %).

17 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito