Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adolfo Domínguez crece no estranxeiro abrindo 19 tendas en seis países

Textil. O grupo Adolfo Domínguez expande a súa presenza internacional con 19 tendas en seis países a pesar de facturar 66 millóns de euros, un 43 % menos que no 2019. A empresa avanza este ano no desenvolvemento do seu plan de crecemento de vendas, que combina o forte aumento do seu e-commerce (25,1% máis de marzo 2020 a febreiro 2021) coa selección de mercados para a apertura de novas tendas físicas, a súa maioría fóra de España. Desde marzo 2020 a febreiro 2021, Adolfo Domínguez abriu así 19 novos puntos de venda en seis países, 11 deles en México.

A asociación coa principal cadea de grandes almacenes mexicana Palacio de Hierro, acelerou o plan de expansión de Adolfo Domínguez en México, país que, tras España, é o segundo mercado máis importante para a compañía. Actualmente a firma de moda de autor conta cun 51 % das súas 343 tendas fóra de España, en 16 países. As novas tendas abertas desde marzo de 2020 pola marca están dúas en Colombia, dúas en España, unha en China, unha en Guatemala, 11 en México e dúas en Portugal . O aumento das vendas mundiais do grupo no primeiro trimestre do exercicio (marzo-maio de 2021) foi do 118%, fronte aos mesmos meses de 2020 durante o confinamento global. ECG

31 ago 2021 / 20:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.