Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alerta laranxa por ventos e ondas na costa da Coruña e Pontevedra

Practicamente todo o territorio galego estará en aviso amarelo por fortes refachos e abundantes choivas

A alerta por temporal que azouta Galicia nas últimas horas elevarase ao nivel laranxa este luns por ventos de suroeste de forza 8 e por ondas que poderán superar o cinco metros nas costas de Pontevedra e A Coruña. En concreto, no que respecta ao vento no mar, o noroeste coruñés e a Costa da Morte estarán en aviso amarelo durante toda a xornada salvo entre as 6,00 da mañá e as 18,00 da tarde, que será laranxa por ventos de forza 8 que soprarán desde o suroeste. En canto á Mariña lucense, o vento no mar será de forza 7, con intervalos de 8, polo que o nivel de alerta quedará no amarelo. Pola súa banda, as grandes ondas, que superarán o cinco metros, deixarán un aviso laranxa no litoral da Coruña e de Pontevedra. Na Mariña será, de novo, de menor intensidade, con mar combinado con ondas de máis de catro metros.

NIVEL AMARELO POR CHOIVAS E VENTOS. Mentres tanto, en terra, a maior parte do territorio restante da Comunidade permanecerá en aviso de nivel amarelo por abundantes choivas e fortes xeiras de vento. Se se observan as precipitacións, no interior de Pontevedra e na zona do Miño desta mesma provincia, así como no oeste e suroeste da Coruña caerán máis de 40 litros por metro cadrado de auga. En canto á alerta por ventos, deixará refachos de máis de 80 km/h na Mariña, no noroeste coruñés e nas montañas de Lugo e Ourense.

27 dic 2021 / 09:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.