Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ana Pontón urxe máis cartos en investigación e captar talento galego

Destaca o papel da Cidade das TIC na Coruña de cara a converterse nun referente// Pídelle a Xúnta destinar o 2,5% do PIB para desenvoler as tecnoloxías emerxentes

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou un incremento do gasto en investigación e un pacto pola ciencia de cara a converter a Galicia nun “referente” neste ámbito. Fíxoo nunha visita ás instalacións da Cidade das TIC na Coruña con presenza, entre outros, do reitor da UDC, Julio Albade.

Desta iniciativa, asegurou que non só é un proxecto “importante” para A Coruña senón tamén para Galicia, ao que sumou a decisión de que a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) estea na cidade herculina.

“Unha oportunidade para Galicia, para ser referente nun ámbito de futuro”, sinalou a portavoz nacional do BNG, quen aproveitou tamén para reclamar á Xunta unha estratexia pola ciencia e a innovación para o que considerou necesario un pacto neste ámbito.

Co obxectivo, engadiu, de que no horizonte do 2030 destínese o 2,5% do Produto Interior Bruto (PIB) para desenvolver “tecnoloxías emerxentes e mellorar a competitividade das nosas empresas”.

Na mesma liña, apelou a “captar talento” para o que indicado que o BNG levará ao Parlamento galego unha proposición de lei para a creación do ‘Innogal’, un instituto galego que promova e coordine a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) na Comunidade.

“Cada ano perdemos 311 millóns de euros polo talento investigador que se marcha”, expuxo a dirixente nacionalista quen instou a implantar un modelo como o que existe xa en Cataluña ou País Vasco, pero adaptado ao sistema investigador galego.

A formación nacionalista tamén propón a creación dun Consorcio de captación e competencias dixitais coa participación da Xunta, as entidades locais e o sistema universitario, que avance na dixitalización das administracións e das empresas, con atención especial ás PEMES e á economía social, ademais de poñer o foco nos procesos de dixitalización dos lugares de ensino, arquivos e biblioteca.

Trátanse, indicou, de propostas “claras e realizables” que o Bloque pon sobre a mesa para que Galiza “non perda o tren do futuro que pasa, si ou si, pola ciencia e polo coñecemento”, recalcou Pontón.

20 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito