Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ante a subida das peaxes da AP-9, o BNG reclama a súa eliminación e que se poña fin ás concesións

SANTIAGO. EP. Logo do anuncio do Ministerio de Transportes de subir as peaxes das autoestradas da AP-9 o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou que se lles poña fin ás concesións e "se eliminen as peaxes". O Ministerio de Transportes anunciou que subirá as peaxes un 1,97%, en aplicación do IPC, e sumaralle un 1% que lles corresponde aos convenios de 2011 e 2013. Rego considerou esta subida como "escandalosa", cando o que "correspondería facer é eliminar a concesión e converter a Autoestrada do Atlántico en libre de peaxes". O deputado lembrou que a Unión Europea considerou "ilegais" as prórrogas dadas polos gobernos do PSOE, de 10 anos, e a do PP, de 25 anos, que fixeron que "unha concesión que debería finalizar en 2013 teña agora prazo de finalización en 2048". "O que corresponde non é só pór fin á concesión, senón reclamar á concesionaria todos os importes cobrados entre 2013 e 2021", sentenciou o deputado.

Néstor Rego tamén sinalou que o Goberno incumpre o seu "compromiso" de asumir o 1% que lles corresponde aos convenios de 2011 e 2013, con cargo aos Orzamentos do Estado. Por iso, remarcou que o Goberno español "opta por seguir engordado a conta de resultados dunha multinacional á conta do peto" dos galegos e de "hipotecar" o desenvolvemento económico da Comunidade. O deputado concluíu sentenciando que o BNG "non parará" até "conseguir acabar con esta estafa", que agora saben que é ilegal, e que é "unha laxa" para o desenvolvemento económico de Galicia.

31 dic 2021 / 18:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.