Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Antón Costa aposta pola confianza social para o uso do galego

Santiago. O catedrático de Historia da Educación da Universidade de Santiago (USC) Antón Costa Rico recolleu este mércores de mans do reitor, Antonio López, o III Premio Luís Porteiro Garea, en recoñecemento ao seu esforzo a prol da normalización do uso do galego na Universidade.

No seu discurso, aproveitou para poñer o foco na necesidade de adquirir unha maior “confianza social” no uso do idioma propio de Galicia e destacou a importancia de que dende a institución académica se promovan iniciativas para fomentar a produción científica en galego. O reitor compostelán, pola súa banda, salientou “os moitos méritos alcanzados” na longa traxectoria do galardoado cun premio que distingue a “quen moito ten feito pola lingua”. Os profesores José Antonio Caride Gómez e Jesús Rodríguez Rodríguez foron os encargados de facer a loa ao premiado na que definiron a Costa Rico como “un referente científico, pedagóxico e humano”, así como “un traballador incansable por prestixiar a lingua”. ecg

17 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito