Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apoio á marcha por Ence de Asociación Agraria de Galicia

Percorrerá este venres as rúas de Pontevedra pola súa permanencia e en defensa dos cinco mil empregos que contribúe a crear a factoría

A Asociación Agraria de Galicia fixo público o seu total apoio á manifestación convocada este venres en defensa da permanencia de Ence en Pontevedra. Se o Goberno central non confirma a prórroga de 60 anos concedida polo Executivo anterior, todo o sector forestal galego sufrirá unha das peores crises da súa historia. De Ence non só dependen 5.100 empregos directos e indirectos, máis de 2.000 deles do sector forestal; amén miles de familias do rural galego que tódolos anos reciben en torno a 50 millóns de euros pola venda da súa madeira á pasteira pontevedresa. “Se finalmente o Goberno presidido por Pedro Sánchez non mantén a prórroga otorgada a Ence ata 2073, as consecuencias para Galicia poden ser terribles”, sinalan.

Dende a súa nova sección Asaga Forestal “entendemos que é imprescindible que se solucione esta situación canto antes, dándolle á empresa papeleira tódalas garantías necesarias de que ten asegurada a súa permanencia en Galicia ata 2073. Só dese xeito nos aseguraríamos que se realicen os grandes investimentos que se comprometeron a levar a cabo dende este ano ata 2023”. Entre elas, hai importantes proxectos para mellorar as condicións laborais dos empregados “e obras fundamentais para seguir a mellor no coidado do noso medio ambiente.

A Asociación Agraria de Galicia quixo pedir a tódolos responsables políticos galegos que defendan os intereses da comunidade. “Non poden permitir que desapareza unha das principais fontes de emprego que temos, que ademais é unha parte fundamental da estructura do noso sector forestal”, argumentan. “Sería imperdonable que non se respondese como é preciso ás actitudes irresponsables das asociacións supostamente ecoloxistas que esixen o peche da factoría pontevedresa, sen importarlle cantos miles de familias se quedarían sen ingresos, na comarca de Pontevedra e en todo o rural galego”, conclúen.

16 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.