Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aposta aeroespacial da Xunta para ter de catro a oito socios tecnolóxicos

nova estratexia. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a licitación pública para seleccionar entre catro e oito socios estratéxicos e tecnolóxicos para o Polo Aeroespacial de Galicia, a primeira das 30 actuacións previstas na Estratexia 2021-2025 da iniciativa. Cun orzamento de 40 millóns de euros, o prazo de recepción de solicitudes para participar na fase previa deste proceso, impulsado pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), estará aberto ata o 10 de setembro e os interesados poden consultar o documento que regula as condicións da convocatoria na web www.civiluavsinitiative.com.

As empresas que desexen participar no proceso deben cumprir varios requisitos e presentar ata un máximo de vinte servizos ou proxectos de I+D+i realizados nos últimos cinco anos.

Esta licitación ten por obxectivo xerar resultados como a sinatura de acordos de asociación con entre catro e oito empresas tractoras, desenvolver 80 proxectos de I+D, construír novos hangares no Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas e acadar un efecto tractor sobre 80 pemes galegas, multiplicando así a capacidade tecnolóxica de Galicia: unha gran oportunidade para as empresas e centros de coñecemento. ecg

10 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.