Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aprobados 2.300 millóns de dous fondos europeos para a comunidade

Están destinados a reforzar a cohesión económica, social e territorial nesta década

Santiago. Máis de 2.300 millóns de euros chegarán á comunidade da man das axudas europeas e a cofinanciación da Comunidade Autónoma, como vén de anunciar a Xunta tras aprobación por parte da Comisión Europea dos programas dos fondos estruturais FEDER e FSE+, xestionados polo Goberno galego para o período 2021-2027.

A asiganción financieira da UE coa que conta o Programa Galicia FEDER 2021-2027, deseñado para recibir a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ascende 940,2 millóns de euros. Esta cifra, xunto coa aportación da Xunta, suma un importe total de de 1.567 millóns de euros. Unha cantidade coa que se seguirá traballando para impulsar a innovación, a transición dixital e a competitividade das pemes, así como para avanzar na transición ecolóxica, entre outras cuestións.

Por outra banda, A Comisión Europea tamén aprobou o Programa FSE+ Galicia 2021-2027 que acada os 738,4 millóns de euros. Desta cantidade, 448,5 proveñen da UE e 289,9 da Xunta. Este programa promoverá a sustentabilidade e a calidade do emprego, a inclusión social e a loita contra a pobreza ou a formación e educación.

Salientan dende o Executivo autonómico que con estes programas, cuxo período período de elixibilidade finaliza o 31 de decembro de 2029, contribuirase a reforzar a cohesión económica, social e territorial de Galicia nesta década, atendendo ás prioridades políticas da UE, especialmente a través das transicións verde e dixital. E.N.

22 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito