Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As acusacións piden prisión permanente revisable: "Ninguén tivo compaixón nin pena por Desirée esa noite"

Cren que actuou movida pola “obsesión e o odio polo pai” e estiman que se o acusado fose un home “xa se lle tería fusilado”

SANTIAGO. EP. Fiscalía, acusación particular e acusación popular pecharon este luns as súas conclusións do xuízo polo asasinato da nena Desirée Leal reclamando a prisión permanente revisable para a súa nai, única acusada do crime, e pedindo que o xurado actúe de forma "fría" cos datos, xa que "ninguén tivo compaixón nin pena por Desirée esa noite". Así pechou a súa alegación final a fiscal do caso, que considera que, aínda que a acusada presentaba algún tipo de trastorno psiquiátrico, era consciente dos seus actos e actuou movida por "maldade pura e dura".

Das dúbidas suscitadas, as tres acusacións coinciden en que a acusada tivo a intención de matar á súa filla, tentou sedarla con trazodona e terminou asfixiándoa e estrangulándoa a madrugada do 2 ao 3 de maio de 2019. En contra do que defende ela, cren que as súas capacidades non estaban anuladas polo seu trastorno psiquátrico, se non só "levemente afectadas" e consideran acreditado que simula tanto os seus síntomas como a amnesia do día dos feitos. "A única vítima deste caso chámase Desirée e a única culpable é a súa nai", subliñou a fiscal, que lembrou ante o xurado "que non todo vale para xustificar este feito atroz". "Teñen que ser fríos, non actúen por compaixón nin por pena, ninguén tivo compaixón nin pena por Desirée esa noite. Ante vostedes non hai máis que unha posta en escena, non se enganen", resolveu.

Para o Ministerio Público, que pide para a acusada a prisión permanente revisable, a nai de Desirée "urdiu un macabro plan para acabar coa vida da súa filla" de forma "consciente", aínda que parcialmente afectada o trastorno psicolóxico que padecía. En todo caso, rexeita que non fose dona dos seus actos e reitera que "estaba conectada coa realidade", como demostran feitos como que "fose consciente desde o principio de que a súa filla morrera", que "premeditase" o sucedido, que "se negase a entregar o móbil" aos axentes ou que "expandise o bulo de que a nena podía ter tomado medicamentos seus", unha teoría "descartada" polas probas forenses. Non estaba psicótica, non tiña delirios psicóticos relacionados coa nena", destacou. Ademais do seu propio comportamento, a fiscal lembra que os peritos informaron de que a acusada dera puntuacións elevadas no test de simulación que se lle pasaron e que "esaxerou os síntomas psicóticos".

"ODIO" POLO PAI. Por outra banda, Fiscalía destaca que "a autoría está clara", xa que na habitación na que morreu Desirée só estaban ela e a súa nai e a acusada tiña sangue da nena no seu pixama, que, segundo o criterio da fiscal, tratou de "esconder". Do mesmo xeito, sostén que "hai indicios máis que suficientes de que o cadáver da nena foi limpado". En canto aos motivos, o Ministerio Público vincúlao ao "odio" e a "obsesión" que a nai tiña polo pai de Desirée e a "cosificación" da nena. "Antes de compartila coa persona que máis odia, foi capaz de matar á súa filla coas súas propias mans. Para min aí está a clave", destacou. Para o Ministerio Público, a acusada asfixiou e estrangulou á súa filla para darlle morte con aleivosía e agravante de parentesco, porque se trataba da "persona que debía coidala" e porque, aínda que a pequena "se defendeu", non puido evitar o ataque. "A nena sufriu e loitou pola súa vida", resolveu.

A SANGUE FRÍO. Por outra banda, durante a lectura de conclusións do avogado da acusación particular, Manuel Ferreiro, este sostivo que ten o convencemento particular de que a muller o fixo "a sangue frío", aínda que, en vista da proba pericial practicada, admite a posibilidade de que as súas capacidades mentais estivesen levemente afectadas no momento dos feitos. O letrado iniciou a súa intervención, na última sesión do xuízo, dicindo levar unha "sensación arrepiante" da evolución deste caso: "Como home, penso que, se eu estivese aí sentado, xa se me tería fusilado", asegurou, mentres que, ao tratarse da nai, "hai que buscar mil explicacións", expuxo.

O avogado que representa ao pai de Desirée equiparou este caso con outros filicidios coñecidos como o de José Bretón ou o do pai das pequenas Olivia e Anna en Canarias, casos nos que ao asasino "se lle castiga como se ten que castigar, con prisión permanente revisable". Con todo, nun caso como este, dixo, asiste "estupefacto" a que, "como é a nai, é que ten que estar tola".

Sobre a motivación, do mesmo xeito que a fiscal, o letrado cre que "tiña medo que o pai lla quitase" porque "estaba obsesionada con el". "Téñome que comer con patacas o que din os forenses, pero creo que planificou a morte da súa filla. Por como se comporta, é evidente que é un acto a sangue frío, é a miña opinión persoal", resolveu. Nun "acto de atrocidade salvaxe", o avogado explicou que, segundo os testemuños que pasaron polo xuízo, Desirée "morreu estrangulada e asfixiada a mans da súa nai" que, en todo caso, tivo "unha afectación leve" das súas capacidades. Fronte a iso, dixo, a nena "defendeuse", aínda que sen posibilidade de frear o ataque.

O avogado da acusación particular ve indicios deste plan urdido pola nai en actos previos. Así, apunta que en Semana Santa de 2019 --do 14 ao 19 de abril-- volveu dunha viaxe coa nena a Cantabria e entregou aos seus familiares unhas fotos da menor a modo de despedida. Unha semana despois buscou até 14 veces a palabra 'estricnina' --un veleno-- en Internet e, na madrugada do 2 ao 3 de maio, xusto antes de que se fose de fin de semana co seu pai, "a mata".

Esa noite, antes de asfixiala e estrangulala, o letrado cre que tentou obrigar á nena a beber unha botella de auga con trazodona, un sedante que foi localizado en baixas cantidades no seu organismo. "Conseguiu que bebese algo, probablemente", como demostran as análises, aínda que "non todo o que pretendía" xa que, considera o avogado, a nena apartou a botella, xerando as salpicaduras de auga con trazodona que se atoparon na parede, o cabecero da cama e a mesilla.

COÑECEMENTO DO QUE FACÍA. Finalmente, a acusación popular, que exerce a Fundación Amigos de Galicia, tamén pide para a acusada a prisión permanente revisable e considera que a muller "tiña coñecemento de que o que estaba a facer estaba mal", aínda que "a súa capacidade de inhibirse estaba parcialmente afectada". Nas súas conclusións, o letrado, Francisco José Calvo, tamén sostivo que a nai deu auga con trazodona a Desirée "non coa intención de matala, se non coa intención de adormentala e evitar calquera tipo de reacción defensiva por parte da vítima, algo que non logrou dadas as baixas concentracións da sustancia en sangue. Aínda así, o letrado, Francisco José Lago Calvo, indicou que a nena non puido defenderse do ataque, tanto pola súa curta idade --sete anos--, como polo modo en que foi perpetrado, por parte da súa nai e de noite, mentres se atopaba durmindo.

La madre de Desirée dice que “la adoraba” y que “jamás le haría daño”: “No sé como pasó lo que pasó”

LUGO. EP. La madre de la niña Desirée Leal, única acusada de su asesinato, ha hecho uso este lunes de su derecho a la última palabra en el juicio que se celebra en la Audiencia de Lugo por el conocido como Crimen de Muimenta, donde ha asegurado que “adoraba” a su hija y que, “en plenas facultades mentales, jamás le haría daño”. “No sé como pasó lo que pasó”, ha sentenciado. Durante ocho minutos, la acusada ha reiterado ante el tribunal y el jurado que “quería mucho” a Desirée y que la niña “lo era todo” para ella. Como ha insistido en su línea de defensa, se ha referido a que no fue consciente de sus hechos: “Con mis facultades mentales normales, jamás le causaría daño”, ha subrayado, tras lo que ha destacado que no recuerda “qué pasó esa noche”.

La mujer ha indicado que crió a la menor “lo mejor que pudo” y que cuando nació “fue lo mejor” que le había pasado, tras lo que se ha referido a algunos de los episodios tratados en el juicio, como las fotos que repartió entre los familiares poco antes del crimen.

“Yo solo quería que fuese feliz, me daba igual con quien, ni como, ni donde”, ha añadido, en referencia al tiempo que la niña pasaba con su padre, del que estaba separado.

La única acusada del crimen ha dicho que “adoraba” a Desirée y que “era la niña de sus ojos”. “No sé como pasó lo que pasó y aún no me creo que no la pueda volver a ver”, ha destacado. “Cualquiera que me conoce sabe que yo jamás actuaría así en mis plenas facultades”, ha zanjado, tras lo que ha cerrado diciendo que “la quería con todo mi corazón”.

ALTERACIÓN PSICOLÓGICA. Por su parte, el abogado defensor, Luis Rifón, ha asegurado que lo sucedido está vinculado con el “trastorno psicótico” que padece la madre, y por el cual recibe tratamiento, por lo que ella no era consciente de lo que sucedía. Para el letrado, testimonios como el de la psiquiatra que la trató en el Hospital de Lugo durante cuatro meses o la que lo hizo en la cárcel, acreditan que “tenía anuladas sus capacidades o limitadas de forma muy grave”. Del mismo modo, ha explicado que “todas las personas que han declarado han referido que” la acusada “era buena madre” y que “quería a su hija por encima de todas las cosas”, por lo que “es difícil deducir una motivación homicida de forma voluntaria”. “Ella responde y se comporta como si no supiera que ella ha causado la muerte de su hija”, ha apuntado el letrado, que ha defendido que “no ocultó pruebas” y que “no está acreditado que suministrase a su hija trazodona para dormir”, ya que pudo tomarla la propia niña de la botella de agua que la acusada tenía preparada.

Paralelamente, para el letrado “no está acreditado” que la amnesia que padece sobre la noche del crimen “sea falsa”, así como que “no hay prueba objetiva de que simule síntomas”. “Está diagnosticada y a tratamiento por psicosis desde hace 3 o 4 años, la enfermedad está ahí y nadie la puede negar”, ha zanjado. Por ello, ha pedido al jurado que el castigo sea “congruente con el nivel de culpabilidad”. “No se trata de ensañarse con ella, ya ha sufrido bastante”, ha apuntado su abogado defensor, que ha subrayado que “tiene una enfermedad muy grave”, que la acompañará el resto de su vida, “no tiene a su hija y ahora sabe que ella causó la muerte” de Desirée. “Este ya es un castigo suficiente”, ha zanjado

14 feb 2022 / 18:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.