Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 diciembre 2021
23:53
h

As axudas ao retorno emprendedor favoreceron máis de 500 proxectos e unha mobilización de 25 millóns

SANTIAGO. EP. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este martes que as axudas ao retorno emprendedor favoreceron o impulso de máis de 500 proxectos e unha mobilización de 25 millóns de euros desde a súa posta en marcha. Así o trasladou durante a súa intervención no encontro 'Retorno Emprendedor: Programa Merlo', unha iniciativa de mentores impulsada en colaboración coa Fundación Ronsel para axudar a este colectivo o seu proxecto. Feijóo precisou que estas axudas, que oscilan entre os 5.000 e os 8.000 euros en función do proxecto, "están a servir para apoiar" a retornados dos cinco continentes e de 40 países.

O presidente galego apelou á importancia da iniciativa emprendedora e destacou que a media de idade é de 41 anos, vinculados a sectores como a hostalaría e o comercio, a industria 4.0, o naval, o téxtil, a telecomunicación ou os servizos. "Dous de cada cinco inscritos contan cun máster no seu currículo, o que mostra a súa excelencia", destacou Feijóo. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego aprobou en 2018 a 'Estratexia Retorna', dotada con 280 millóns de euros e cunha batería de medio centenar de medidas, ademais de destinar nos últimos dous anos uns 10 millóns de euros a través de axudas ao autoemprego, de carácter social e de apoio pola pandemia ou nas bolsas excelencia académica 'BEME', que beneficiaron xa a 700 retornados para cursar un máster nalgunha do tres universidades galegas. "De Galicia non se sae, a Galicia vén"; destacou Feijóo durante o acto, no que valorou que o futuro do territorio "pode ser moi prometedor" grazas a todo este colectivo de emprendedores que vén impulsar o seu proxecto na comunidade.

Por iso, instou a traballar para que estes proxectos triunfen, para lograr "un efecto tractor" para outros potenciais interesados. De feito, destacou que en 2019 o saldo positivo de persoas que entraron respecto das que se marcharon da comunidade ascendeu a 19.800, mentres que en 2020 situouse en 14.616 a pesar da incidencia da pandemia sanitaria.

26 oct 2021 / 18:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.