Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As candidaturas para o Foro de Inversión Innovatia 8.3 da USC poden presentarse ata 22 de setembro

    INICIATIVAS. A USC e o Instituto de las Mujeres organizan o Foro de Inversión Innovatia 8.3 orientado á captación de financiamento por parte de empresas innovadoras lideradas por mulleres e creadas co apoio das universidades ou organismos públicos de investigación (OPI).

    No marco do proxecto Innovatia 8.3, o evento celebrarase o vindeiro mes de outubro en formato presencial na sede do Ministerio de Igualdade en Madrid.

    O Foro xorde da necesidade de apoiar a busca activa de financiación por parte daquelas empresas innovadoras impulsadas por mulleres e reforzar o traballo que as súas promotoras realizan para a transferencia ao mercado do seu coñecemento.

    A esta plataforma poderán acceder aquelas empresas con presenza maioritaria de mulleres no seu Consello de Dirección ou de Administración e que teñan sido creadas co apoio dalgunha das universidades españolas ou dos OPI. A presentación de candidaturas esténdese ata o próximo 22 de setembro a través do formulario de inscrición da web forodeinversion.innovatia83.es.

    Innovatia 8.3 é un proxecto nado en 2011 da colaboración entre a USC e o Instituto de las Mujeres. A súa finalidade é introducir a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e na creación de empresas. O traballo realizado nestes 10 anos permitiu analizar, comprender e achegar ferramentas para corrixir os posibles nesgos de xénero no emprendemento universitario.

    Dende a organización reiteran a importancia de que as empresas que estean buscando financiación externa presenten a súa candidatura.

    As seleccionadas, ademais de ter a oportunidade de dar a coñecer a súa proposta a entidades inversoras de relevancia nacional e internacional, contarán co apoio de entidades colaboradoras do proxecto que facilitarán: formación para a búsqueda de financiación e asesoramento para realizar unha presentación exitosa. ecg

    27 ago 2021 / 21:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    USC
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.