Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 27 septiembre 2021
21:43
h

Aulas Galegas, dous anos atendendo as necesidades de alumnos e profesores

O colectivo creou en marzo de 2020, a raíz da pandemia do covid, un portal educativo

Santiago. Aulas Galegas, o colectivo de profesorado que creou o portal educativo do mesmo nome por mor da pandemia provocada polo covid, leva elaborando e difundindo contidos en galego para as aulas dede marzo de 2020. Hai uns días, a agrupación reuniuse en Padrón, no auditorio da Casa de Rosalía, para celebrar a súa I Xuntanza Aulas Galegas.

No encontro presentouse a Axenda escolar Aulas Galegas 2021-2022, un material para o ámbito educativo en galego e ques e leva a cabo por segundo ano.

Na publicación, de balde, figuran, ademais dos contidos propios e xerais de calquera axenda (follas trimestrais, mensuais e semanais), outros menos habituais que responden ás necesidades propias do contexto académico como organizadores de aula, fichas de rexistro de titorías e un apartado para avaliacións, entre outros.

A asociación pretende que a súa axenda sirva tamén como “unha fonte de coñecemento”, por iso se inclúe un contido cultural transversal ao longo da parte de calendario. Nesta ocasión a temática elixida son Os camiños de antiago, aos que van dedicando os diferentes meses con ilustracións orixinais de Montse Arza e Nerea Caseiro.

A organización cualificou esta primeira xuntanza como “moi proveitosa” dende o momento enque serviu para que, desde a sua creación, se compartisen experiencias educativas e colectivamente se marcasen as liñas de traballo para o futuro.

Nun comunicado, Aulas Galegas aseguran que ten clara a súa aposta por “atender as necesidades do profesorado e do alumnado tamén no ámbito das TIC”. É a razón de que a axenda, ademais de estar dispoñible en formato que se pode impremir en papel, ofrece tamén unha versión dixital que se pode utilizar en tabletas e móbiles tanto no sistema Androir como iOS como nas súas versións sincronizables en PC e Mac.

Entre os asistentes había persoas que levan traballando desde 2020 en Aulas Galegas e tamén profesionais que se achegaban por primeira vez para coñecer máis de preto as súas propostas e formas de traballo.

Para atender tamén á socialización e interacción entre as persoas asistentes realizáronse varias dinámicas lúdicas e a xuntanza rematou cun xantar de confraternización. r.R.

Encontro
Relatorios moi variados

··· Entre os relatores na I Xuntanza Aulas Galegas estaban Francisco Bermúdez Prieto (Fran da Lobeira), Aida Calvela Louro, Jose Antonio Fraga Moreiro, Naír García Abelleira, María Isabel González Piñeiro, Manolo Maseda Deán, Ana Isabel Pérez Tomé e Xacobo de Toro Cacharrón, que falaron de cuestións tan dispares como a xestión cooperativa na sección de educación Infantil de Aulas Galegas, Ciencia na casa, a dinamización educativa en Instagram e Twitch ou a regueifa, que encheu de música o auditorio.

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.