El Correo Gallego

Noticia 1363 de 2172 noticia anterior de Concello de Lugo Galicia » Axenda municipal » Concello de Lugo

O proxecto de Luz Darriba sairá ás prazas da cidade todos os xoves do mes de xullo

O Concello de Lugo organiza novas partidas de Nonétrivial

01.07.2009 
A- A+

Mañá xoves 2 de xullo, a partir das 12 horas, desenvolverase novamente nas rúas de Lugo a experiencia lúdica Nonétrivial, a instalación de Luz Darriba realizada conxuntamente coa Casa da Muller do Concello de Lugo.

Esta actividade consiste na exposición pública do coñecido xogo de preguntas e respostas retomado desde a perspectiva de xénero e desenvolvido a escala macro. Este proxecto tenta redescubrir os nosos coñecementos sobre a vida cultural, a historia pasada e recente das mulleres, que ao longo do tempo foi silenciada ou ignorada. Por esta razón, están contidas neste mega xogo preguntas sobre as mulleres e a súa relación co deporte, as ciencias, a educación, a literatura, ou as artes, áreas nas que se pon a proba os nosos coñecementos con relación á visibilidade do feminino. Por iso, Nonétrivial máis que un xogo constitúe un novo e orixinal desafío.

O obxectivo tamén é espertar e potenciar o interese de homes e mulleres ao redor dos problemas de xénero como: a violencia física, psicolóxica, simbólica, ou a desigualdade económica, xurídica, social, etc.
 
Nonétrivial desenvolverase nas seguintes prazas todos os xoves do mes de xullo.

- xoves 2: Praza do Castiñeiro

- xoves 9: Praza de Santa María

- xoves 16: Praza Roxa

- xoves 23: Praza dá Miragrosa

- xoves 30: Praza do Seminario

As prazas da cidade serán utilizadas como un xigantesco taboleiro onde os e as participantes competirán para a obtención dos coñecidos "queixiños" que consagrará a gañadores e gañadoras.