Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Borja Verea: máis emprego e menos impostos

O presidente do PP de Santiago remarca que o obxectivo dos populares é mellorar a vida dos galegos

SANTIAGO. Esta mañá, o presidente do PP de Santiago, Borja Verea, presentou a ponencia “Os retos dunha Galicia que quere máis emprego e menos impostos” no marco do 17º Congreso do Partido Popularde Galicia. Para Verea, trala pandemia “é o momento de adaptar os nosos idearios políticos a novos retos cunha Galicia con máis empregos e menos impostos”, actualizando tamén “os nosos compromisos”. Unha Galicia na que “os recursos están mellor nas mans dos cidadáns”. Así denfedeu a baixada do tramo de autónomos no IRPF, a baixada do imposto de transmisións patrimoniais ou a ampliación na “nosa extratexia de impostos cero no rural”.

Nunha intervención na que salientou que “baixar impostos é a mellor maneira de acompañar aos galegos e crear emprego”, destacou tamén o papel protagonista dos autónomos e as pemes no modelo económico do Partido Popular de Galicia. A igualdade estivo presente no seu discurso, no que manifestou que para chegar a conseguila “a mellor política de igualdade comeza no eido do emprego”, anunciando unha futura “Lei para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes no Emprego”.

No eido industrial insistiu na súa necesaria tranformación para “avanzar cara un modelo máis verde, máis innovador e máis sustentable”. E lembrou que “nese camiño estamos sós porque todas as decisións do goberno socialista son un ataque á nosa industria”. O desmantalemanto da nosa producción elecrointensiva, o abandono a Navantia, o peche unilateral de Meirama e As Pontes, e a pretensión de expulsar ás nosas empresas da costa “son un auténtico desprezo á industria galega”. Ademais destacou que “para facer fronte aos grandes retos do séculos XXI: a loita contra o cambio climático, unha trasición enerxética conxunta e a revolución tecnolóxica; fan falla dous grandes pactos de país. No caso do Turismo tamén tivo un papel fundamental, posto que, en palabras do presidente dos populares composteláns, “demostrou o seu alto valor engadido e capacidade de arrastre de todas as cadeas de valor tras a pandemia”. Ademais dos plans de rescate postos en marcha pola Xunta de Galicia, “hai que prepararse para o Turismo pospandemia”, sentenciou. Un turismo que describiu como “máis sostible, con espazos abertos, con máis interese pola natureza, con experiencias diferenciáis”. Un Turismo no que terá una especial relevancia a Década Xacobea, xa que o “Camiño de Santiago é o paradigma do turismo pospandemia, ese turismo do que falamos, sostibe, con espazos abertos e experiencias únicas”, salientou Verea. E engadiu que ese Camiño “témolo aquí, o orixinal, en Santiago, capital mundial das peregrinacións”.

Pero se algo se identifica co PP de Galicia é o Rural. “E é que é parte do noso ADN, do ADN do PPdG”, afirmou Verea, quen deixou claro que”non poderiamos entender o noso partido sen a súa vinculación política e afectiva co rural, como non se pode entender Galicia sen o noso rural”. Nese senso, insistiu en que “para garantir o futuro da Gran Horta Galega hai que apostar pola conexión do territorio”. Por un lado física, con melloras nas infraestructuras; por outro legal, con normativasmáis flexibles; e por último dixital, aumentando a conexión en rede. Na súa intervención agradeceu tamén a María Ramallo, Marta Novoa e Antonio Meijide a súa participación na ponencia. “Unha ponencia cuxo obxectivo é claro”, finalizou Verea, “mellorar como partido pero sobre todo que sirva para mellorar a vida dos galegos”.

17 jul 2021 / 14:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.