Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Bota a andar a ‘escola’ para as bases do PP na provincia da Coruña

formación. O Partido Popular da provincia da Coruña iniciou este martes un novo programa de formación co que os populares porán a disposición das bases do partido –dirixentes, militantes e simpatizantes- a posibilidade de profundar en diferentes temas que teñen que ver de maneira directa coa actualidade e coa actividade política desde distintos ámbitos e puntos de vista.

Unha vez ao mes, de forma presencial e telemática, diferentes expertos en asuntos como a comunicación, a xestión de proxectos, o manexo das redes sociais ou a mellor forma de comunicar a través dos medios de comunicación dirixiranse aos militantes do partido co obxectivo de facilitar ferramentas e coñecementos que lles fagan máis sinxelo o seu día a día. A portavoz de Agricultura no Congreso, Milagros Marcos Ortega, foi a ponente do primeiro encontro. ECG

26 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.