Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bruxelas recoñece a IXP Vaca Galega-Boi Galego

UE. Logo de cinco anos de tramitación, finalmente Bruxelas vén de recoñecer a Indicación Xoegráfica Protexida (IXP) da Vaca Galega-Boi Galego, que ata o de agora tiña unha protecció nacional transitoria. A obtención deste rexistro definitivo como IXP supón para Vaca Galega-Boi Galego, tal e como sinala o presidente do Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia, Jesús González, o máximo recoñecemento como selo de calidade, a protección e o fomento da calidade da nosa carne de vaca e de boi, a xeración de valor engadido para as explotacións galegas de vacún e tamén novas oportunidades de mercado.Ao longo destes anos, a IXP conta con 1.194 explotacións gandeiras e 40 industrias e comerciais cárnicas inscritas. O número de reses rexistradas é de 25.773, das cales 1.276 son bois e 24.497 vacas, e, ata este momento, lévanse certificadas 2.250 canais, das cales 2.127 corresponden a Vaca Galega e 123 a Boi Galego, que supuxeron 955.425 kg de carne comercializada baixo o amparo da Denominación, cun valor aproximado en primeira venta por enriba dos cinco millóns de euros. Con esta denominación preténdese xerar un maior valor engadido que repercuta no conxunto do sector de vacún de carne e no medio rural galego en xeral. A IXP todo o territorio galego, e os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despezarse en Galicia, co obxectivo de preservar a súa especific idade e controlar as condicións de obtención e faenado do produto. No caso dos bois, teñen que superar os 48 meses de idade ao sacrificio. A carne amparada procede das principais razas existentes na nosa Comunidade, sobre todo a Rubia Gallega e as Morenas Galegas (Cachena, Caldelana, Frieiresa, Limiana e Vianesa), e tamén a Asturiana dos Valles, a Limusina, a Rubia de Aquitania, a Frisona e a Pardo Alpina, así como os seus cruces. Na alimentación e manexo séguense as prácticas tradicionais, apostando polo pastoreo e o uso de forraxes como o silo e a herba seca, complementados con fariña de cereais, patacas, nabos e concentrados, no caso de ser necesarios para lograr un bo engorde final. E.N.

06 oct 2022 / 20:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
UE
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.