Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Caen as primeiras folerpas da tempada nos Ancares

Temperaturas baixo cero en concellos de Lugo e Ourense // Seguen baixando os termómetros e as chuvias neste mércores // A partir do venres Galicia quedará baixo influencia antociclónica

A baixada da temperatura pola chegada de aire polar a Galicia estade deixando notar. De feito, as primeiras folerpas da tempada fixeron este mércores a súa aparición nalgúns lugares da montaña, como é o caso do concello lucense de Cervantes, nos Ancares. As webcams de Meteogalicia deixaban ver a neve callada nos campos, nunha imaxe de dez minutos antes das oito da mañá de hoxe.

Tamén nevou en Manzaneda, tal e como asegurou o director da estación de montaña, Víctor Picos, na Radio galega esta mesma mañá, foron 4 centímetros de neve os caídos na estación e 10 nas pistas altas da mesma.

Así, no día de hoxe os termómetros seguirán a baixar, sobre todo nas mínimas e xa se rexistraron valores baixo cero nas montañas. NAs estacións meteorolóxicas a máis de 900 metros de altitude a temperatura máis baixa foi na Veiga (Ourense), con -2.5 graos centrígrados ás 9.10 horas desta mañá. Tamén fixo frío en Manzaneda (Ourense) cunha mínima de -2.2, ou en Cervantes cunha mínima de -0,3 ás 6.20 da madrugada, ou en Pedrafita do Cebreiro, tamén na provincia de Lugo, con mínimas de -0,2 graosás mesma hora.

En canto ás estacións a menos de 900 metros de altitude, os termómetros baixaron ata os 1,6 grados centrígrados en Calvos de Randín (Ourense), 2,3 en Cotobade (Pontevedra), 2,6 en Baltar (Ourense) ou 2,9 ºC de mínima no concello ourensano de Entrimo, ás 5.20 horas de hoxe mércores.

Despois da xornada complicada do martes, sobre todo na costa con alerta amarilla, hoxe non hai avisos na comunidade, aínda que as condicións non serán as mellores. Amaneceu Galicia con néboa e baixada de temperaturas, que seguirá todo o día. Os chubascos tamén serán a tónica desta xornada, máis persistentes e fortes canto máis ao norte, onde poderán ir acompañados de aparato eléctrico e mesmo de sarabia. As precipitacións serán en forma de neve nos cumios máis altos, cunha cota de neve aos 1.200 metros na montaña. O vento soprará do noroeste, frouxo en terra, con intervalos fortes no litoral.

E o xoves continuará a situación de inestabilidade atmosférica, agardando ceos con alternancia de nubes e claros e con chuvascos no terzo norte, ocasionalmente de neve en zonas altas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral norte. Será a aprtir do venres cando as chuvias abandonarán a comunidade galega, que irá quedando baixo influencia anticiclónica. Os ceos alternarán nubes e claros, con algúns chuvascos ocasionais, máis probables canto máis ó norte. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou lixeiros ascensos nas máximas. Os ventos soprarán do nordés, moderados na costa, máis frouxos no interior, según as previsións de Meteogalicia.

03 nov 2021 / 10:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.