Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ceos despexados e tempo seco durante esta semana

As altas presións deixarán desfrutar do tradicional veraniño de San Martiño en Galicia // Sen chuvia ata dentro de dez días

A comunidade galega poderá gozar dunha semana solleira, na súa maior parte, protagonizada polos ceos despexados e o tempo seco, aínda que con temperaturas frescas xa que os termómetros marcarán niveis propios para a época do ano. Deste xeito, galegos e visitantes poderán desfrutar do tradicional veraniño de San Martiño nestes días, caracterizado polo tempo seco e frío arredor do día do santo, o 11 de novembro.

Tras o día de onte, luns, no que unha fronte pouco activa pasou por Galicia deixando algunhas nubes, hoxe a comunidade seguirá baixo a influencia das altas presións con circulación do nordés. Agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior e nubes baixas no terzo norte que darán paso a ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, según informa Meteogalicia. E o resto da semana, as altas presións abarcarán unha extensa zona desde Madeira ata Europa central, polo que as previsións non parecen indicar que as precipitacións vaian acercarse á comunidade, polo menos en xeral, ata dentro de dez días, é dicir, ata mediados da semana próxima.

Comeza o plan invernal
Cen máquinas quitaneves para 2.500 quilómetros de vías

··· A Delegación do Goberno en Galicia activou o Plan Invernal de Estradas do Estado para a campaña 2021-2022, que contempla ata o próximo 30 de abril o despregamento de cen máquinas quitaneves para atender 2.500 quilómetros de vías. O delegado do Goberno, José Miñones, presidiu este luns a firma do protocolo que activa o plan, tras a que subliñou o importante dispositivo no que o Ministerio de Transportes disporá de 348 persoas para o mantemento das vías, ao redor de 2.500 quilómetros entre as autoestradas AP-9 e AP-53, autovías e estradas convencionais. Ademais, haberá 3.257.000 litros de salmoira e 20.400 toneladas de sal, actualmente almacenadas en silos, informa Efe. O obxectivo é reducir no posible o número de tramos con restricións ao tráfico e evitar as retencións de vehículos en caso de condicións meteorolóxicas adversas, polo que tamén se ampliou a colaboración coa Axencia Estatal de Meteoroloxía para dispoñer de datos en tempo real da evolución destas predicións.

08 nov 2021 / 14:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.