Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Son a investigadora do CiQUS Natalia Barreiro, a artesana Lucía Seoane, a paralímpica Susana Rodríguez, a empresaria TIC Sofía Prosper e o músico Alberto Miguélez TEXTO C. Espiño

Cinco emprendedores mozos galardoados por iniciativas con talento

A investigadora Natalia Barreiro Piñeiro, natural de Vedra e residente en Santiago, doutora en Medicina Molecular no CiQUS da Universidade de Santiago, na categoría de Ciencia; na modalidade de Rural, Lucía Seoane López, natural de Folgoso do Caurel e promotora do proxecto empresarial Artesanía do Caurel; a viguesa Susana Rodríguez Gacio, no eido de Deporte; a lucense Sofía Prosper Díaz-Mor, quen posúe unha empresa tecnolóxica vinculada coa privacidade dixital, na modalidade de Empresa; e o coruñés Alberto Miguélez Rouco, músico e profesional do canto clásico, na disciplina de Cultura e Creación.

Estes son os mozos galegos emprendedores que o certamen Talento Mozo decidiu premiar na súa segunda edición, que permitiu ao Goberno galego recoñecer as mellores candidaturas de 2020 e 2021 cunha dotación económica de 5.000 euros por categoría. Un galardóns que poñen en valor algunhas das traxectorias e os proxectos emprendidos pola xuventude galega.

Ciencias Natalia Barreiro Piñeiro doutorouse en Medicina Molecular en 2018 con sobresaínte cum laude no Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares (CiQUS) da USC, onde exerce como investigadora. Actualmente participa no proxecto de desenvolvemento dunha vacina contra SARS-CoV-2 financiado polo Instituto de Salud Carlos III, sendo un dos 10 proxectos de vacina contra o coronavirus que hai en España.

ARTESANÍA RURAL Lucía Seoane López é a artífice do proxecto empresarial Artesanía do Caurel, unha proposta para visibilizar a necesidade e a posibilidade real de emprender no rural pola xuventude de maneira creativa, innovadora e sostible, empregando os recursos proporcionados pola natureza, como é a madeira. A iniciativa desta lucense é unha clara aposta pola visibilización dos oficios artesáns.

DEPORTE PARALÍMPICO, tic e música Susana Rodríguez Gacio naceu cunha discapacidade visual moi severa debido á condición xenética de albinismo oculocutáneo, o que non lle impediu graduarse en medicina pola USC e destacar en triatlón. O seu máis recente éxito foi o ouro nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020 en triatlón. Ademais, actualmente é a número 1 do ránking mundial de Paratriatlón na categoría PTVI.

O proxecto IUVIA, creado por Sofía Prosper Díaz-Mor e encadrada na industria 4.0, consiste nunha descentralización dos servicios da nube, centrada na privacidade dixital dos usuarios e usuarias e na súa soberanía tecnolóxica. Premiado pola Axencia Española de Protección de Datos coma iniciativa de investigación científico-técnica cun enfoque estritamente práctico

Finalmente, o coruñés Alberto Miguélez obtivo o Premio extraordinario de fin de grao en piano cunha nota media global de 9,16, e máis tarde rematou o seu segundo grao profesional no Conservatorio Profesional de Música da Coruña na especialidade de clave. Tras estudar na Schola Cantorum Basliensis de Basilea, en Suíza, e na UNED, mantén unha intensa actividade como solista, con concertos en países como España, Suíza, Francia, Alemaña ou Estados Unidos.

13 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.