Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ENTREVISTA

“Coa dereitización perderíamos os nosos votantes naturais”

“Compre afianzar o noso ideario. O BNG as veces traslada a súa visión de esquerda ocultando a prioridade nacionalista”

O PSdeG busca acadar á Xunta. Está agora o partido e vostede mellor que en 2017 de cara aos comicios de 2024?

O PSdeG está hoxe con máis capacidade, máis músculo e proxecto que hai catro anos. Avanzamos e o noso obxectivo e avanzar en todas as eleccións para manter un Goberno de progreso en España, para manter e avanzar nas alcaldías en 2023 e, por suposto, gobernar á Xunta. O meu proxecto é gañar dentro coa militancia para gañar fóra e darlle a Galicia un goberno de progreso.

O PSdeG pode chegar á presidencia da Xunta sendo terceira forza no Parlamento? Ou é preciso primeiro darlle o sorpasso ao BNG?

En Galicia claro que é posible. Esperamos acadar resultados históricos nas xerais e municipais de 2023 e a partir de ahí formar un goberno de progreso despois en Galicia en 2024 con un presidente socialista. Ese é o meu compromiso. E o proxecto que eu represento ten capacidade para facer avanzar o partido e non para retroceder.

Para avanzar no liderado da oposición ve preciso diferenciar máis o proxecto do PSdeG do BNG mantendo a colaboración nos concellos e deputacións?

Eu son galeguista. No PSdeG non somos nacionalistas e, dende logo, rexeitamos calquera proposta independentista ou soberanista para Galicia. O PSdeG que eu quero volver encabezar representa un proxecto na esquerda, galeguista, ecoloxista e feminista, que recolle a tradición dos gobernos presididos por Touriño e Laxe, que estaban instalados no galeguismo cívico, que representan figuras como Ramón Piñeiro ou Ceferino Díaz. Na construcción do Estado a nosa proposta e galeguista e federalista, non nacionalista. En todo caso, compartimos co BNG a defensa dos servizos públicos, que son o noso ADN como partido de esquerdas. Eu, como secretario xeral, seguirei buscando sempre alianzas coas forzas de progreso para construir a Galicia do futuro, pero cómpre afianzar o noso ideario porque, ás veces, o BNG quere trasladar a súa visión de esquerdas ocultando a súa prioridade nacionalista.

Como pode entrar pola esquerda no electorado do PP? Temos que asentar un proxecto de esquerdas alternativo as políticas da dereita. Buscar unha estratexia de deritización e máis conservadora para o partido faríanos perder as referencias cos nosos votantes naturais e ademais non entrariamos no electorado do PP. No noso proxecto cabe todo o electorado moderado de centro esquerda e galeguista, na tradición de Touriño.

30 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito