Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comparado con outros anos, a cifra “non está nada mal”

“Os presupostos teñen dous eixos claros, o primeiro é a protección social nun contexto de alta inflacón e incertidume”, explicou o senador sociaista, Xoaquín Ferández Leiceaga, que destacou que “en Galicia é moi importante a actualización co IPC das pensións, a subida do ingreso mínimo vital ou o reforzo da financiación da dependencia”. No tocante ao outro eixo vertebrador do documento, Leiceaga apunta que se trata dun “presupostos moi investidores” e “que apostan pola modernización da economía en aspectos que coinciden coas liñas europeas: dixitalizar, favorecer a transición enerxética é reforzar a autonomía estratéxica nas economías europeas, como por exemplo a fabricación de chips en España”. Preguntado pola partida que recibe a comunidade galega nestes presupostos, apuntou que “imos estar bastante porriba dos mil millóns de euros”, unha cifra de investimento que, en comparación con estos anos “non está nada mal”. No conxunto de Galicia, o senador socialista salientou “todo o esforzo que se fai en materia ferroviara, en completar as inversions do AVE”, “reforzar o Eixo Atlántico” e tamén “a conexión con Ferrol”, moi importante para a cidade. Neste caso, quixo destacar “a aposta por Navantia, que vai significar unha inxección de traballo, de produción económica e de rentas para a comarca nos próximos anos”. Na capital, pola súa parte, salientou a partida da depuradora, “importantísima para reforzar a calidade de vida na cidade”, e a compleción da autovía Lugo-Santiago “a nosa saída para a meseta”, con aproximadamente sesenta millóns de euros. E.N.

06 oct 2022 / 21:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito