Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cristina Palacios: “Coa Lei LGTBI de Galicia sae gratis que che peguen unha malleira”

Mauricio Álvarez: “Creo que el ritmo al que han aumentado las agresiones, sobre todo tránsfobas, es preocupante”” // Susana López Abella: Tanto en Galicia como en España, toda unha serie de datos estatísticos parecen testemuñar que no noso país as persoas LGTBIQ+ sofren unha menor discriminación que na maioría dos países que se avalían nos estudos”

A situación deste colectivo foi, é e será unha constante no tempo. Con motivo do balbordo da posible aprobación da ‘Lei Trans’, sae a relucir a situación de precariedade e discriminación que viven as persoas LGTBIQ+, aínda na actualidade. Pero a peor parte lévana as persoas trans, en concreto os menores, que ven minadas as súas esperanzas de poder vivir como realmente son. Para poder ter unha visión adecuada coa realidade que viven miles de persoas cada día, falamos con Cristina Palacios, presidenta de ARELAS (Asociación de familias de menores trans); Mauricio Álvarez, membro de ALAS A Coruña (Asociación pola liberdade afectiva e sexual) e Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Visións contrapostas, nalgúns sentidos.

-Como definiría actualmente a situación do colectivo LGTBIQ+ en Galicia? E en España?

Cristina Palacios. Respecto ao colectivo LGTBI, aínda que se queira dar esa imaxe desde a política ou os medios, non se avanzou tanto. Debido a que segue a haber moitísima discriminación, acoso escolar e exclusión. Por exemplo, coa Lei LGTBI de Galicia sae gratis que che peguen unha malleira porque non ten elementos sancionadores.

Mauricio Álvarez. Dividido, porque, aunque la mayoría está a favor de la Ley Trans y de defender los derechos trans, sigue habiendo una parte del colectivo que está muy vinculado al movimiento TERF –el entrevistado se refiere al movimiento feminista radical que excluye a las mujeres transexuales por no considerarlas mujeres-.

Susana López. En termos xerais, tanto en Galicia como en España, toda unha serie de datos estatísticos parecen testemuñar que no noso país as persoas LGTBIQ+ sofren unha menor discriminación que na maioría dos países que se avalían nos estudos.

-Considera que segue existindo discriminación contra o colectivo LGTBIQ+ en Galicia e en España, en xeral?

Cristina Palacios. Si, Se non houbese pois entón non serían necesarias leis como as que estamos a tentar sacar adiante -refírese á ‘Lei de Igualdade LGTBI’ e á ‘Lei Trans’-.

Mauricio Álvarez. Sí, claro. Hemos avanzado muchísimo pero la falta de creación de estas leyes permite que seamos atacados. Incluso la Ley LGTBI de Galicia es una ley vacía, ya que si tú creas una ley pero no hay infracciones ni sanciones por cometer los delitos que tú pones en esa ley, pues no sirve para mucho.

Susana López. España conta cunha lexislación que protexe ás persoas LGBTI, na medida que a actitude ou o comportamento contra a orientación sexual ou a identidade de xénero é considerada circunstancia agravante de delitos ou pode ter a consideración de delito de odio.

-Cre que queda camiño por percorrer en temas de igualdade e diversidade?

Cristina Palacios. Se aínda a día de hoxe ser lesbiana, gay, transexual ou bisexual é unha razón pola que te exclúen, pois non creo que teñamos avanzado pero si que temos moito por avanzar.

Mauricio Álvarez. Hay mucho que recorrer, yo voy agarrado de mi marido por el paseo marítimo de A Coruña y es raro que alguna persona no se gire.

Susana López. Si, temos que seguir incidindo no cumprimento da normativa e no desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención.

-Que iniciativas ou accións está a levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa diversidade sexual?

Susana López. Desenvolvemos diferentes accións que teñen carácter transversal, é dicir, todos os departamentos da Xunta teñen medidas específicas.

-Ve ao actual Goberno da Xunta de Galicia como un aliado co colectivo LGTBIQ+? E ao Goberno central?

Cristina Palacios. Nin o Goberno Central nin o Goberno Galego son aliados ou aliadas das persoas trans.

Mauricio Álvarez. Se han portado bien pero siempre se le puede pedir más. Estuvimos trabajando en la Ley LGTBI gallega y cuando entregamos las propuestas el PP lo que hizo fue eliminar los contenidos sancionadores.

-Pode verse ou se está a ver prexudicada a situación do colectivo LGTBIQ+ na sociedade debido ao auxe que está a experimentar a extrema dereita?

Cristina Palacios. Claro que si, pero o problema é que a dereita e certa parte da esquerda está a comprar ese discurso da extrema dereita.

Mauricio Álvarez. Sí, por desgracia. Creo que el ritmo al que han aumentado las agresiones, sobre todo tránsfobas, es preocupante.

Susana López. No seu momento houbo unha preocupación cos negacionistas sobre a violencia de xénero, e non se deu nin un só paso atrás, penso que neste ámbito tampouco.

-Considera necesaria a denominada “Lei Trans” que quere levar a cabo o Goberno? Por que?

Cristina Palacios. É necesaria porque , a día de hoxe, as persoas trans para poder existir legalmente e acceder a dereitos humanos básicos teñen que ser diagnosticadas e tuteladas desde saúde mental.

Mauricio Álvarez. Sí. No sólo por los adultos trans, sino principalmente por los menores trans. Es decir, esa ley es necesaria porque hay niños y niñas que quieren ser felices, necesitan serlo.

Susana López. Unha lei deste tipo, de saír adiante, debería ter carácter integral e transversal.

-Que mensaxe, en materia de diversidade, lle transmitiría aos mozos e mozas?

Cristina Palacios. Diríalles que todo mellora. Sobre todo, diríalles que busquen aliados e aliadas porque os hai.

Mauricio Álvarez. Que penséis que la lucha no está acabada. Que no os escondáis, seguid siendo visibles. No está todo hecho, hay que dar la cara y como no nos pongamos serios vendrán épocas peores.

Susana López. Unha mensaxe de esperanza e confianza. Somos unha comunidade cunha sociedade madura.

20 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.