Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan tranquilidade para o lobo mariño Doqui

costa. Dende a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) informaron este luns que ante a presenza de Doqui, exemplar de lobo mariño cincento (Halichoerus grypus) que está visitando as costas da Ría de Vigo, debe actuarse con cautela e nunca tocalo.

Doqui, unha femia de aproximadamente dous anos de idade e dun tamaño de case dous metros que pesa entre 90-100 kg, foi nomeada así o verán pasado en Caión, e este, tras botar unha tempada en mar aberto sen ser localizada, volveu de novo á costa galega, onde adoita saír descansar e durmir nas rochas.

Neste senso, ante a presenza do lobo mariño, Cemma indica que “o único que hai que facer é avisar a 112 ou ao teléfono de coordinación da Rede de Varamentos 686989008, para que rexistren o lugar onde se atopa, e nada máis, deixala o máis tranquila posible”.

“Durante estes días observouse o acoso de bañistas, xente que lle quería dar de comer, botarlle auga e mesmo que a expulsaron do areal. Posiblemente hai boas intencións nestas actuacións mais son innecesarias e mesmo prexudiciais”, destacan nun comunicado, reclamando igualmente “darlle tempo e espazo, tranquilidade e nada máis.

Así, entre as cousas que non se deben facer, están pensar que está enferma ou ferida, (salvo que se observen feridas ou lesións graves) nin tocala ou aproximarse. ecg

23 ago 2021 / 20:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.