Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Denuncian o caso de acoso dun alumno de Filosofía da USC a unhas dez rapazas

Solicitan á Universidade máis efectividade e compromiso ante esta situación // Tras unha reunión celebrada co vicedecano e secretario da Facultade acordaron a celebración de reunións periódicas para cumplir propostas

    Cargando reproductor ...

Dende a Asamblea Non Mixta de Filosofía veñen denunciando un caso de acoso por parte dun alumno da Facultade de Filosofía reiterado a unhas 10 rapazas. Isto saiu a raíz dun caso concreto dunha compañeira que o fixo público e e así fixeron unha Asamblea onde saíron o resto de casos. Por parte das institucións, nos instaron únicamente a activar o protocolo da USC pero pola súa conta non promoveron medidas. As reprimentas comunicáronselle ao Decanato fai dúas semanas e con motivo de que ata o momento só lles remitían á Oficina Universitaria de Xénero e ao protocolo e incluso lle botaron a reprimenda por colgar carteis de que na Facultade había un acusado reincidente, este martes decidiron reunirse para denunciar a situación coincidinco co 8M. Aseguran dende a Asamblea que tiveron un alto poder de convocataria xa que se xuntaron preto de cen persoas. Comezaron na Praza de Mazarelos onde leron o manifesto e trasladáronse á Facultade. Foron planta por planta gritando consignas e lendo o manifesto de novo. Ao rematar o vicedecano e secretario da Facultade fixéronlle saber a través dunha representante que querían falar con elas. A reunión produciuse minutos despois. “Acudimos todas a unha aula a decirlles o que pensabamos, que eran ineficientes as súas accións e a sinalarlle moitas cousas que non nos gustaron como a súa falta de efectividade e compromiso”, sinalan. O resultado da xuntanza é que se van a reunir periodicamente para intentar levar a cabo unha serie de propostas. “Vamos a seguir comprometidas non só con este caso de acoso senón con mellorar a situación a nivel xeral na USC e non só en casos extremos. Insistiremos en que é preciso que o profesorado reciba formación de xénero”, din.

O caso da alumna que fixo público o seu caso foi a finais de setembro do ano pasado. As outras rapazas foran acosadas tamén en cursos anteriores, só que non falaran e non se abrira un espazo de denuncia pública xa que “cada unha pensaba que fora o seu caso particular”.

“O rapaz obsesionábase coas rapazas e presentaba unha linguaxe corporal e comentarios fóra de lugar. Una actividade acosadora e violenta cara todas elas a través de insultos misóxinos”, aseguran dende a Asamblea Non Mixta de Filosofía, que fixo unha denuncia colectiva nos últimos días.

PROTOCOLO DENDE A USC Dende a USC informan que hai un protocolo de acoso para atallar a situación cando se coñece que pode haber un caso de acoso. Así márcase a liña de actuación para preservar á vítima e comprobar que realmente hai detrás un agresor. No momento en que se valora a situación e se comproban os feitos impoñeríase un expediente sancionador.

08 mar 2022 / 14:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.