Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Descarrila un tren de mercadorías en Carballeda de Valdeorras

Non hai que lamentar feridos. A liña está cortada entre A Rúa-Petín e Ponferrada

Un tren de mercadorías que circulaba pola liña Monforte-Ponferrada sufriu un descarrilamento na tarde deste martes ao seu paso por Carballeda de Valdeorras. Aínda que non se produciron danos persoais, o sinistro obrigou a cortar a vía.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco despois das 18,00 horas, cando catro dos 15 vagóns do convoi, que ían baleiros, descarrilaron. O maquinista, único ocupante, resultou ileso.

Até a zona foron mobilizados efectivos dos Bombeiros de Valdeorras, Garda Civil e servizos sanitarios. Tamén foi informado Adif, que informou de que a liña se atopa cortada entre A Rúa-Petín e Ponferrada.

Este corte afectou, polo momento, a tres trens, segundo informa Renfe. Son o Alvia 626 entre Barcelona e A Coruña e o Rexional Express 12605 entre Ponferrada e Vigo, suprimidos en Ponferrada; e o Rexional Express 12608 Vigo-Ponferrada, suprimido na Rúa-Petín, cuxos pasaxeiros son transbordados por estrada até destino.

OURENSE. EUROPA PRESS

29 jul 2020 / 10:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.