Jueves 17.10.2019 Actualizado 10:30
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Ana Pontón, portavoz nacional do Bloque, anuncia o seu embarazo

Ana Pontón - FOTO: ECG
Ana Pontón - FOTO: ECG

ECG/E.P.   | 16.09.2019 
A- A+

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, anunciou onte que está embarazada de 18 semanas e fíxoo público na súa conta de twitter coa mensaxe: “Hai momentos na vida emocionantes e cheos de alegría. Estou viviendo un deles. En poucos meses seremos unha máis na familia. Estou embarazada de dezaoitos semanas!! Non podía ser máis feliz”. Algunhas fontes consultadas apuntan que é unha nena.

Ante esta novidade xa houbo reaccións políticas como a do presidente da Xunta que a felicitou con estas palabras: “Parabéns, Ana! Unha gran noticia. Pola miña experiencia, que a familia medre é a mellor das decisións e a maior das alegrías. Que vaia todo ben! Unha aperta”. Outras personalidades do mesmo ámbito, como o líder de Anova, Antón Sánchez, ou o deputado polo grupo mixto no Parlamento galego, Luís Villares, tamén trasladaron as súas felicitacións á dirixente nacionalista.

Ana Pontón (Sarria, 1977), licenciada en Ciencias Políticas e da Administración na USC, é a portavoz nacional do Bloque dende febreiro de 2016, cando relevou noo posto a Xavier Vence. Con todo, a súa vida está ligada á política dende moito antes xa que desde os 17 anos milita na formación nacionalista como membro de Galiza Nova