Domingo 20.10.2019 Actualizado 00:18
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

As resonancias móbiles do Sergas aforraron 20 millóns de km aos usuarios

Existen tres unidades que dan servizo aos sete hospitais comarcais // Desde 2006 fixéronse máis de 160.000 probas

Imaxe dunhas das tres unidades móbiles de resonancia magnética coas que conta actualmente o Sergas - FOTO: ECG
Imaxe dunhas das tres unidades móbiles de resonancia magnética coas que conta actualmente o Sergas - FOTO: ECG

SABELA ARIAS   | 17.06.2019 
A- A+

O mércores 11 de setembro de 2006, unha veciña de Boiro, de 43 anos, adscrita ao hospital do Barbanza que presentaba unha doenza de xeonllo, foi a primeira persoa á que se lle realizou unha resonancia magnética (RM) nunha das unidades móbiles con que conta o Servizo Galego de Saúde para dar resposta á demanda deste tipo de probas por parte dos sete hospitais comarcais de Galicia.

Esta actividade, xestionada por Galaria, se leva a cabo con equipos tecnoloxicamente tan avanzados como as resonancias fixas máis modernas da sanidade galega, evitou dende o seu inicio arredor de 20 millóns de quilómetros de desprazamentos aos usuarios máis afastados dos grandes núcleos de poboación. Estas unidades móbiles dan servizo aos hospitais comarcais do Salnés, Barbanza, Cee, Burela, Monforte, Verín e o Barco de Valdeorras,

De 2006 ata finais de 2018, realizáronse 160.788 probas a un total de 132.362 pacientes, según os datos facilitados a ests diario pola Consellería de Sanidade. Á vista da demanda actual deste tipo de exploracións, está previsto que ao longo de 2019 se realicen nas unidades móbiles preto de 19.200 RM no ámbito dos sete hospitais comarcais galegos, casi tres mil máis que o ano anterior, e que aínda lles quede marxe para dar servizo a calquera dos grandes hospitais de Galicia que o requira.

A entrada en funcionamento desta modalidade asistencial, que en 2008 incorporaba a segunda unidade móbil, e en 2018, a terceira, permite dar resposta coa máxima calidade diagnóstica a unha demanda poboacional dispersa típica da comunidade galega pero importante.

 


a tecnoloxía viaxa ata o usuario Con este sistema, a alta tecnoloxía diagnóstica viaxa ata onde está o usuario, seguindo uns roteiros planificados para que todos todos os hospitais comarcais dispoñan da RM cunha periodicidade similar. Ademais, a flexibilidade desta fórmula permite adecuar o tempo de permanencia en cada lugar e a orde no que acudirá a cada centro. A súa actividade está programada para que se instalen en eses centros todos os meses.

Por outra banda, garanten a posibilidade de utilizalos para cubrir a demanda de calquera hospital do sistema no que de maneira puntual se producise un pico de demanda ou unha incidencia que obrigase a interromper momentaneamente a actividade da resonancia instalada nese centro.

 


Equipos avanzados Desde o punto de vista tecnolóxico, estas unidades móbiles levan instalados equipos de resonancia magnética de alto campo, dos máis avanzados que existen actualmente en Galicia, con capacidade para realizar todas as exploracións posibles, coa máxima calidade diagnóstica.e en todos os hospitais.

Aproveitan as vantaxes que ofrece a tecnoloxía actual, ao adquirir imaxes de RM sen desprazar aos pacientes (telerradioloxía), analizadas a distancia por radiólogos expertos con acceso á historia clínica.

 


Reequilibrio territorial A posta en marcha destas unidades ten un importante carácter de reequilibrio territorial, ao facilitar o acceso á alta tecnoloxía de toda a cidadanía. Este sistema evita que miles de persoas teñan que realizar longos desprazamentos aos hospitais de referencia, finalizando cos inconvenientes e o moi alto custo social e económico que estes traslados orixinaban, indica Sanidade.

Desde o punto de vista tecnolóxico, conseguiuse que a poboación das áreas periféricas dispoña no seu ámbito xeográfico de cando menos a mesma tecnoloxía que teñen á súa disposición os habitantes das grandes cidades de Galicia, nun tempo razoable e coa garantía de que os estudos diagnósticos teñen, como mínimo, a mesma calidade que os que se realizan nos hospitais de referencia.

MÁIS DATOS

A actividade das unidades móbiles galegas de RM foi incrementándose co paso dos anos.

Ano 2006, desde o 11 de setembro, fixéronse 1.899 probas a 1.665 pacientes.

2007: 7.285 probas a 6.081 pacientes.

2008 (incorpora a 2ª unidade móbil): 12.200 probas a 8.795 pacientes.

2009: 13.747 probas a 10.148 pacientes.

2010: 12.520 probas a 9.980 pacientes.

2011: 12.646 probas a 10.666 pacientes.

2012: 12.586 probas a 10.700 pacientes.

2013: 11.709 probas a 9.993 pacientes.

2014: 15.009 probas a 12.783 pacientes.

2015: 14.207 probas a 12.066 pacientes.

2016: 15.213 probas a 13.093 pacientes.

2017: 15.650 probas a 13.298 pacientes.

2018 (incorpora a 3ª): 16.467 probas a 13.897 pacientes.

 

A CIFRA

19.200 PROBAS DE RESONANCIA MÓBIL NO ANO 2019, según as previsión de Sanidade. Serían case tres mil que no ano anterior e aínda lle quedaría marxe para facer máis.