El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

{ UNIVERSIDADE }

La Caixa financia aos investigadores Miguel López e Rubén Nogueiras

ECG   | 17.09.2019 
A- A+

Miguel López e Rubén Nogueiras, investigadores do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), acaban de recibir cadansúa axuda na convocatoria Health Research 2019 da Fundación La Caixa, que supón financiamento por preto dun millón de euros durante o período 2019-2022.

A esta liña de axudas presentáronse preto de 650 propostas, das que unicamente recibirán recursos 22 proxectos.

A proposta de Miguel López está centrada no ámbito da neurociencia e o seu proxecto pretende desenvolver unha nova terapia para a obesidade baseada na utilización de exosomas, tendo como diana terapéutica unha poboación de neuronas na hipotálamo.

O segundo dos proxectos financiados está localizado na área de Metabolismo e lidérano o profesor da USC Rubén Nogueiras, Marc Claret (Universidade de Barcelona) e Patrice Cani (Universidade de Lovaina).

A finalidade do proxecto será a de esclarecer os mecanismos a través dos que o hipotálamo controla a función gastrointestinal e a composición da flora intestinal.