El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Centros en rede pola convivencia positiva

Unha vintena de IES galegos xúntanse cada ano para pór en común experiencias en educación emocional ou prevención de violencia // Acoden docentes, alumnos e familias

EN REDE OS integrantes do
IES Fin do Camiño, de Fisterra, no encontro celebrado no 2016
en Pontedeume.
 - FOTO: Cedida por Javier García
EN REDE OS integrantes do IES Fin do Camiño, de Fisterra, no encontro celebrado no 2016 en Pontedeume. - FOTO: Cedida por Javier García

S. BARBA  | 18.12.2016 
A- A+

Nun momento en que todo o mundo fala do importante da prevención da violencia de xénero, do acoso escolar, da educación emocional e en valores, e da necesidade de que os mozos aprendan a resolver os seus conflitos existen uns centros educativos galegos que levan anos traballando a cotío nestes temas e que demostran, ano tras ano, que os plans de convivencia dos centros non se poden quedar só no papel.
Hai oito anos que naceu en Galicia a Rede de Centros para unha Convivencia Positiva, capitaneados por tres institutos da comunidade, con características moi diferentes. Son o IES Fin do Camiño, de Fisterra; o Antonio Fraguas, de Santiago de Compostela, e o Xulián Magariños, de Negreira. Os tres tiñan posto en marcha, de forma illada e independente, programas e estratexias como as aulas de convivencia, educación intercultural con alumnado extranxeiro, antibullying, educación emocional, cibermentores e, sobre todo, equipos de mediación entre iguais para a xestión de conflitos nos institutos. Non obstante, botaban en falta o traballo en rede, algo que si se facía entre centros españois e que eles crían necesario en Galicia. Así naceu a rede galega. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt