El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Ceo despexado e ascenso das temperaturas máximas

Predición de Meteogalicia para este venres
Predición de Meteogalicia para este venres

SANTIAGO. EUROPA PRESS  | 12.07.2019 
A- A+

Este venres Galicia continuará baixo influencia das altas presións, aínda que achegándose aire frío en capas altas ao final do día. Así, espérase unha xornada con ceo despexado, con nubes de estancamento a primeiras horas no extremo norte e algunhas nubes medias e altas que entrarán ao final da tarde pola metade sur. Pola noite prevense chuvascos que se moverán de sur a norte.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente norte, frouxo no interior, moderado na costa, con algún intervalo forte entre Bares e Fisterra.

Pola súa banda, as temperaturas máximas ascenderán, alcanzando valores superiores aos 30 graos en moitos puntos de Galicia. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 39 graos en Ourense e os valores mínimos descenderán até os 14 graos en Ferrol e Santiago.