El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Ceo pouco anubrado no sur de Galicia e temperaturas mínimas en ascenso

Predición de Meteogalicia para este sábado
Predición de Meteogalicia para este sábado

SANTIAGO. EUROPA PRESS  | 12.01.2019 
A- A+

Este sábado Galicia continuará na influencia das altas presións, con circulación do nordés. Así, o ceo estará pouco anubrado na metade sur, máis anubrados canto máis ao norte, con posibilidade de orballos no extremo norte.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, pero aínda con xeadas en zonas de interior, e as máximas sen cambios significativos.

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 17 graos en Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán até os 4 graos baixo cero en Lugo.