El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Científicas líderes, só un 29 %

A pesar da vocación temperá entre as mozas, son escasas as mulleres que chegan a encabezar grupos de investigación, en comparación cos homes // Neste sentido faltan exemplos e referencias para animar a que elas continúen coas súas carreiras neste eido.

Carmen Pomar, segunda pola esquerda, xunto a María José Alonso, Victoria Otero e Carmen Morante - FOTO: ECG
Carmen Pomar, segunda pola esquerda, xunto a María José Alonso, Victoria Otero e Carmen Morante - FOTO: ECG

SILVIA CASTIÑEIRAS  | 12.02.2019 
A- A+

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebrado onte, deixa unha idea clara: aínda queda moito traballo que facer para que deixe de haber diferenzas de xénero no ámbito da investigación. Neste sentido, parece que a intención das administracións e institucións académicas é a de incentivar a igualdade, destinando para elo esforzos e máis investimentos.

Só un 29 por cento dos postos de liderado científico están ocupados por nomes femeninos. Un dato que chama a atención se temos en conta que o problema non é a falta de aptitude ou inclinación. De feito, ao respecto, a conselleira de Educación sinala que "hai moita vocación temperá entre as mozas no eido da ciencia. É de destacar que hai maior porcentaxe delas nas bolsas predoutorais que de homes, pero a cousa cambia nas posdoutorais, onde se invirten as estatísticas en favor deles, alomenos nos tres últimos anos".

Deste xeito, explica Carmen Pomar, "aí é onde está o problema e hai que traballar. Falamos dun teito de cristal que temos que rachar con medidas que incentiven ás investigadoras a continuar coas súas carreiras". Unhas medidas que pasarían por poñer en marcha plans para que non se teñan que desmarcar deste campo por cuestións como o da maternidade ou outros aspectos que se poden formular a determinadas idades, como mirar ao futuro e ver as posibilidades de desenvolvemento e crecemento que teñen neste mundo aínda moi masculino.

"Hay medidas a tener en cuenta cuando se configura la carrera científica de la mujer. Por ejemplo, hay que considerar el período de tiempo en el que nos enfrentamos a ser madres". Quen reafirma esta idea é María José Alonso, catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC. Ela sí chegou a ser unha gran líder no seu eido, pero é consciente das limitacións que existen. Así, explica, "yo nunca me he sentido discriminada, aunque veo que no existen muchas referencias para las jóvenes que las ayuden a inclinarse por la carrera científica y las anime a ser ambiciosas. También es verdad que en nosotras eso de las metas, de los anhelos, a veces, no está tan bien visto como en los hombres".

María José Alonso estivo na reunión que a titular de Universidade mantivo con varias traballadoras no CIMUS (Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas), pertencente á Universidade compostelá. Alí, Pomar quixo destacar as dúas iniciativas que a Xunta desenvolve precisamente para impulsar o pensamento científico en idades temperás, tanto entre alumnos de Primaria como de Bacharelato. Trátase do STEM (ciencia, tecnología, ingeniería y matemáticas en sus siglas en inglés) Bach, no que participan 15 institutos de toda Galicia; e o STEM Week, para os máis cativos. Dúas liñas que, aseguran dende o Executivo galego, están a ter moito éxito entre as nenas.

Ao paso dos datos que se manexan tamén quixo saír a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE). A entidade reivindica a visibilización das científicas para que sexan exemplo para as novas xeracións e admite a responsabilidade das institucións académicas no fomento da vocación das estudantes.

Entre outras reaccións, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou a posta en marcha de varias medidas que pretenden impulsar a igualdade de xénero e beneficiar así a 2.400 investigadoras galegas. Serán desenvolvidas a través do Observatorio "Mujeres, Ciencia e Innovación", que analizará a situación para intentar mellorala a nivel de todo o territorio español.

 

María José Alonso

Catedrática de Farmacia na USC

"Yo nunca me he sentido discriminada, aunque veo que existen pocas referencias para las jóvenes. Hay que visibilizar más el trabajo de las mujeres investigadoras para que las niñas lo vean"

 

A CIFRA

2.413 O número en Galicia. Na nosa comunidade existen 6.217 persoas traballando na ciencia e na investigación en xeral entre universidades e organismos públicos. Desa cifra, 2.413 son féminas. Os sete campus contan con 56.878 estudantes, dos que 31.416 son mulleres, un 55,2 %. A porcentaxe baixa se falamos de profesores titulares, que son 2.092 e 868 (un 41,5 %) levan nome feminino. E aínda descende máis se nos centramos nas 148 catedráticas (un 22,8 %) do total de 650 cargos deste tipo. A Xunta leva investido, dende 2009 arredor de 500 millóns de euros para I+D+i universitaria, sendo as tres institucións académicas galegas o maior axente de coñecemento da comunidade.


Vexa o video en

www.correotv.es