Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
DESFAVORECIDOS

Cita da Xunta coas entidades sociais para facilitar o acceso á vivenda

    As conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e de Política Social, Fabiola García, veñen de manter unha reunión con membros e representantes de Cáritas, Cruz Vermella, EAPN Galicia (Rede galega contra a pobreza) e Provivienda Galicia, na que analizaron medidas activadas polo Goberno galego -dentro da Axenda Social- para dar cobertura en materia de vivenda ás persoas máis desfavorecidas e con dificultades. Ademais, incidiron na importancia da coordinación entre a Xunta, os concellos galegos e as entidades sociais, asinantes da devandita Axenda. As conselleiras trasladaron aos representantes convocados que a Xunta activou un total de 12 medidas encamiñadas a dar cobertura ás persoas en risco de perder a súa vivenda ou que xa a perderon por non poder facer fronte ao pagamento da cota hipotecaria. Argumentaron que se trata dun paquete de medidas que garanten unha axuda da Xunta a todas as persoas afectadas que o soliciten e cumpran os requisitos e que foron valoradas positivamente pola Valedora do Pobo.

    06 dic 2018 / 21:41
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito