El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

“Co terreo limpo non hai lume e teño pastos para o meu gando”

Manolo Tojeiro, gandeiro e agricultor de Cedeira, destaca que “na zona non hai practicamente incendios dende o 86” // Os veciños coidan os montes e fan quendas de vixilancia para evitar a actuación dos pirómanos

PATRICIA HERMIDA   | 19.09.2013 
A- A+

Manolo Teijeiro García cumpre 57 anos o vindeiro día 25. E xa leva máis de catro décadas traballando no campo. “Empecei con 14 anos e só me librei durante a mili, sempre nos terreos da miña familia no lugar de Meizoso (Cedeira”, explica dende a súa vila natal. El sabe mellor que ninguén que “os campos e os montes coidados axudan a evitar os incendios, as administracións aforrarían moitos cartos se invertirsen máis na prevención do lume”. Mentras tanto, son os gandeiros e agricultores como Manolo os principais preocupados en evitar o inferno dos incendios.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt