El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

"Compromiso por Galicia quere unha Europa máis social, máis democrática e anticorrupción"

O candidato da formación ás eleccións europeas, Paulo Carlos López, defendeu en Radio Obradoiro o xeito de traballar de Compromiso, sinalando que "o que outros fan non é política, é delincuencia" // Advirte de que na cita do vindeiro 25 de maio a abstención só beneficiará a PSOE e PP

Paulo Carlos López - FOTO: Miguel Seoane
Paulo Carlos López - FOTO: Miguel Seoane

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Paulo Carlos López, candidato de Compromiso por Galicia ás eleccións europeas


12.05.2014 
A- A+

O candidato de Compromiso por Galicia ás eleccións europeas do 25 de maio é un xornalista de 28 anos, pertencente "a esa xeración que algúns definen como tirada ó lixo". Ademais de padecer as consecuencias da crise económica, entre elas a emigración, cre que "somos unha xeración que ten que dar un paso adiante e asumir responsabilidades". Así o explicaba o propio Paulo Carlos López nunha entrevista este luns en Radio Obradoiro. Nela recoñeceu que "foi fácil" aceptar a candidatura.

Define Compromiso por Galicia como "unha organización galeguista, progresista e socialdemócrata", e puntualiza que o que a diferencia dos outros partidos é que "somos profundamente democráticos". Tamén incidiu en que "queremos unha organización con paredes de vidro para que a xente poida mirar dende fóra, pero tamén participar dende dentro. Nós aplicamos o diálogo e a escoita activa".

López sabe que o seu maior inimigo o vindeiro día 25 é a abstención. É, suliñou, "a gran aliada de PSOE e PP, que parecen que nestes comicios van en coalición con Vendex, Pikachu ou Carioca". Ó seu xuízo, os partidos grandes "queren unha campaña de perfil baixo". CxG quere "unha Europa máis social, máis democrática e anticorrupción", e ten claro que "o que fan outros non é política, é delincuencia".

Paulo Carlos López defendeu que CxG pretende "ser a voz do noso país nas institucións europeas, defendendo o agro, a pesca, os estudantes... A utilidade do voto a Compromiso está fóra de toda dúbida". Tamén remarcou que na súa organización "circunscribimos a nosa actividade política a unha época determinada".

Síguenos en twitter e facebook