El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

guitarra clásica

Concerto do pontevedrés Samuel Diz na Casa do Saber de Lugo

Incluído no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira 2014’

REDACCIÓN SANTIAGO   | 10.02.2014 
A- A+

O guitarrista pontevedrés Samuel Diz Sierpes (Tui, 1986) ofrecerá este martes, día 11 de febreiro, a partir das 20.00 horas, un concerto no auditorio da Casa do Saber de Lugo, durante o que interpretará composicións de Francisco Tárrega, Manuel de Falla, Rosa García Ascot, Jesús Bal y Gay, Fernando Buide, Federico García Lorca e Frederic Mompou.

 O concerto de Diz Sierpes, incluído no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira 2014’ e promovido ao abeiro da programación do convenio Lugo Cultural, que conta con financiamento da Universidade de Santiago, Concello e Deputación de Lugo, está organizado en colaboración coa Sociedade de Artistas, Intérpretes e Executantes de España (IAE). De feito, Samuel Diz foi seleccionado por un xurado para realizar actuacións en varias cidades españolas no circuíto de música clásica destinado a xoves intérpretes,  AIEnRUTa-CLÁSICOS. 

Logo de graduarse en 2009 no Conservatorio Superior de Música Manuel Castillo de Sevilla baixo a dirección de Gaëlle Solal, este músico de Tui ampliou a súa formación artística cos guitarristas Alen Garagic e Daekun Jang, xunto ao maxisterio de José Luis Rodrigo nos Cursos de Música en Compostela, onde recibiu o Premio Andrés Segovia.

Samuel Diz conta xa cunha ampla experiencia concertista e ten actuado en diferentes países dos continentes europeo, americano e africano. Cómpre salientar a súa presentación no The Council on Latin American and Iberian Studies -CLAIS- da universidade estadounidense de Yale, no Harare International Festival of the Arts -HIFA-, un evento que cita máis de 60.000 asistentes na capital de Zimbabwe, e o seu recente debut como solista no Palau da Música Catalana, onde acadou o Premio da Crítica pola súa actuación, da que o xurado tivo en conta “o e