El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Congreso internacional de seguridade no S. XXI na Facultade de Dereito

Gumersindo Guinarte, decano de Dereito, centro, na presentación do Congreso, xunto aos organizadores
Gumersindo Guinarte, decano de Dereito, centro, na presentación do Congreso, xunto aos organizadores

REDACCIÓN  | 11.10.2018 
A- A+

A seguridade do século XXI está sometida a “riscos e ameazas de diversa índole que presionan a calidade das nosas democracias. Os poderes públicos vense obrigados a articular respostas que enfronten esta situación e a intenten superar”. Con esta premisa deu onte comezo o Congreso Internacional sobre Seguridade que se celebra na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago.


Inaugurado polo decano, Gumesindo Guinarte, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, o encontro, que continuará os días 18 e 19, está promovido polo Centro de Estudos de Seguridade e o Grupo de Estudos Internacionais, e dirixido polos docentes José Julio Fernández, Rafael García e Isabel Lirola. O cadro de relatores inclúe destacados expertos nacionais e internacionais.