El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

SANTIAGO

Congreso internacionalde loita contra o edadismo

J. P. M   | 27.06.2019 
A- A+

A capacitación e a orientación na empregabilidade e mobilización das persoas maiores serán postos en valor polos asistentes ao XXI Congreso Internacional Galicia/Norte de Portugal de formación para o traballo. Trátase dun evento pioneiro que presta atención ao edadismo ou discriminación de persoas maiores con base en prexuízos ou estereotipos da idade. Segundo datos do INE, case o 30% de persoas maiores de 45 anos afirman ter sufrido discriminación pola súa idade.

O encontro está organizado polo Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (Gefil) da USC e a delegación do norte portugués do Instituto de Emprego e Formación Profesional co patrocinio da Xunta de Galicia. Terá lugar do 19 ao 21 de setembro no Auditorio Abanca.