El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A consigna para denunciar a violencia machista

REDACCIÓN  | 26.03.2020 
A- A+

Mascarilla 19 esa é a consigna escollida polo Concello de Ribadeo e as catro farmacias da localidade para que aquelas mulleres que, nestes días de confinamento, estén sendo vítimas de violencia poidan denuncialo achegándose a algunha das boticas.

Pronunciadas esas palabras, activarase, grazas á colaboración das farmacias locais coa campaña Máscarilla 19, o protocolo de violencia de xénero do Concello de Ribadeo e prestaráselle apoio e toda "a axuda que necesiten" ás vítimas.

A concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, precisou que desde a súa área estiveron a analizarse estes días "nos que todos estamos recluídos nas nosas casas, os riscos que suporía para aquelas mulleres que son vítimas de violencia de xénero nos seus propios fogares" a convivencia continuada "cos agresores".

Para evitar ese tipo de situacións, precisou, púxose en marcha esta campaña no Concello, para a cal se tomou como referencia unha iniciativa semellante do Instituto Canario de Igualdade.