El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Crece a facturación da industria e cae a cifra de negocios dos servizos en Galicia

REDACCIÓN   | 26.03.2020 
A- A+

SANTIAGO. Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) no día de onte sobre os indicadores do mes de xaneiro na industria e no sector servizos, deixa un sabor agridoce en Galicia.

Isto débese ao fantástico resultado da comunidade na industria, onde Galicia é a rexión na que se produce un maior incremento da facturación en comparación co mesmo mes do ano pasado, cun 5,1% de aumento. Porén, a Comunidade galega foi unha das dúas únicas autonomías nas que diminuíu a tasa anual da cifra de negocios do sector servizos. De feito, é Galicia tamén o territorio no que máis se reduciu este indicador, ao rexistrar un 2,2% menos que no mesmo periodo do ano anterior.

En canto aos prezos industriais de febreiro, tamén publicados polo INE, no caso galego sufren unha caída do 2,4% respecto ao mesmo mes do ano anterior. Trátase dun descenso lixeiramente máis acusado que o do conxunto do Estado, que rexistrou unha baixada do 2,2%.

No que vai de ano, xaneiro e febreiro, os prezos industrial están en terreo positivo por unha décima. En taxa mensual, de febreiro sobre xaneiro, descende un 1,7%.

Con este recorte interanual en España, os prezos industriais encadean nove meses consecutivos en taxas negativas despois de estar 32 meses en positivo.

No sector da industria, a nivel estatal, a facturación regresa a taxas negativas despois de que en decembro rexistrase o seu maior repunte desde outubro de 2018, cun avance interanual do 4,8%.

A nivel nacional, o sector servizos rexistrou un aumento da súa facturación do 2,2% o pasado mes de xaneiro en relación ao mesmo mes de 2019, taxa case tres puntos inferior á de decembro. Con este repunte, encadea xa setenta e sete meses de ascensos interanuais.

Os datos de España no sector servizos son positivos tamén no ámbito do emprego. Este creceu no primeiro mes do ano un 0,8% en taxa interanual, catro décimas menos que no pasado mes de decembro. Este repunte, supón que o sector encadee xa setenta meses de crecemento interanual da ocupación.