El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

"A derogación da LOMCE non debe ser negociable"

Iria Figueroa, de Erguer. Estudantes da Galiza, falou en Radio Obradoiro da convocatoria de folga para o vindeiro 13 de abril no ensino medio e universitario, en contra da polémica lei e do decreto do 3+2

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Iria Figueroa, membro do consello nacional de Erguer. Estudantes da Galiza

SANTIAGO. RO  | 17.03.2016 
A- A+

O vindeiro 13 de abril @s estudantes de ensino medio e universitario están chamados a unha folga en contra da LOMCE e do decreto do 3+2. Esta mobilización foi convocada pola Erguer. Estudantes da Galiza, "unha organización que nace da unión do estudantado galego a través de asembleas abertas". Así o explicaba este xoves en Radio Obradoiro Iria Figueroa, membro do consello nacional do colectivo. O obxectivo último desta organización é "acadar un ensino galego, público, democrático, laico, de calidade e antipatriarcal". Algo, dixo, totalmente contrario ó que promove a LOMCE, "que impón barreiras para acadar un ensino superior", e o decreto 3+2, que "ó reducir os graos crea a necesidade dunha especialización de dous anos, cun maior custe". Medidas, suliñou Figueiroa, que camiñan cara a "privatización do ensino". Teñen claro @s estudantes que "a derogación da LOMCE non debe ser negociable, e o futuro goberno teno que ter en conta".

Síguenos en Twitter e Facebook