El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Do instituto á Universidade nun día

Alumnos e alumnas de secundaria de toda Galicia puideron visitar as instalacións dos dous campus composteláns grazas ao programa 'Encontros na USC'

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 12.02.2019 
A- A+

Universitarios por un día. Así se deberon sentir os alumnos e alumnas de secundaria chegados de centros de toda Galicia para pasar unha xornada na USC. E é que a institución académica quere a través destes encontros achegar as súas intalacións aos seus posibles futuros ocupantes. Eles aproveitaron para ver se se deciden por algunha carreira cando saian do instituto.

A visita realizouse por grupos a varias facultades, as que máis lle interesara a cada un, tanto no campus sur como no norte. O itinerario pasou por aulas, bibliotecas ou laboratorios.