El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Dous falecidos tras caer co seu coche ao río no Incio

O INCIO (LUGO) E.P.  | 07.02.2016 
A- A+

Os corpos sen vida dun home e unha muller foron rescatados do interior dun coche que estaba mergullado no río que discorre paralelo á estrada LU-546, no Concello lucense de O Incio. 

Segundo precisou o CAE 112 Galicia, todo parece indicar que as vítimas, un matrimonio de avanzada idade, se saíron da vía co coche no que viaxaban e caeron ao río. 

Foi unha persoa que pasaba por alí quen viu as rodas do vehículo sobre a superficie da auga e, en consecuencia, chamou o 112 Galicia despois das 11,00 horas deste domingo. 

En concreto, esta persoa indicou que descoñecía a qué hora de producira o accidente e se había persoas no interior. Así as cousas, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia pediu a colaboración dos bombeiros de Sarria (Lugo). 

Estes comprobaron que había dúas persoas de avanzada idade falecidas no interior do vehículo e, deseguido, procederon a excarceralas.

VECIÑOS DO INCIO 

Pola súa parte os membros de Protección Civil da localidade confirmaron que se trataba dun matrimonio residente no Concello lucense de O Incio. 

Así, os xestores do 112 Galicia informaron tamén aos técnicos de Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civild e Tráfico. 

De igual modo, o persoal do CAE puxo o accidente en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce) por se fose necesaria unha atención especializada.