Miércoles 16.10.2019 Actualizado 18:35
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A Economía social peta na porta da USC e responden investigadores e alumnos

Loreto Fernández, vicedecana de la Facultade
de Económicas da USC, con Celso Gándara, do Foro pola Economía Social e a profesora María Bastida - FOTO: USC
Loreto Fernández, vicedecana de la Facultade de Económicas da USC, con Celso Gándara, do Foro pola Economía Social e a profesora María Bastida - FOTO: USC

ECG   | 09.11.2018 
A- A+

FORO A Facultade de CC Económicas e Empresariais da USC acolleu onte o I Encontro Universidade-Economía Social coa asistencia de investigadores, alumnado, representantes da administración autonómica e entidades representativas do sector. Arrancou coa intervención do catedrático Manuel Botana, presidente científico do Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop), quen destacou que o obxectivo da cita era identificar as necesidades que a economía social poda demandar da Universidade. Abordouse como esta pode respostar a esas expectativas, coa presentación de liñas de investigación e ferramentas docentes que favorecen a introdución da economía social na capacitación do alumnado. As entidades representativas demandaron que esa realidade económica sexa incluída no currículo formativo dos universitarios. Finalmente, púxose en valor esta cooperación co fin de favorecer a visibilización deste sector vertebrador trascendente para a sustentabilidade do país. A xornada rematou coa intervención da secretaria xxeral de Emprego, Covadonga Toca, que parabenizou a creación deste novo espazo para o encontro e diálogo social.