El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A EGAP aumenta os cursos en materia de violencia de xénero

Formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero son actividades que a directora destaca no balance

Sonia Rodríguez-Campos
Sonia Rodríguez-Campos

XULIA LMBA   | 18.07.2019 
A- A+

O Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública reuniuse onte en na capital da comunidade, cita na que a directora do centro, Sonia Rodríguez-Campos, presentou un informe sobre as actividades levadas a cabo polo organismo neste ano 2019.

Durante esta reunión a directora indicou as liñas de actuación que se levarán a cabo nos vindeiros meses. Desta forma recalcou algunhas das iniciativas propostas pola EGAP como o aumento da formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, ámbito no que xa se comunicou a incorporación dunha nova convocatoria en 2019 dun total de 17 cursos para o persoal de emprego público.

Tamén destacou a posta en marcha de novas actividades orientadas a manter e consolidar a adminsitración electrónica na comunidade galega, abríndose camiño desta forma a inciativa Universo EGAP innova, no que se desenvolverán sesións de carácter práctico sobre as materias máis concretas da adminsitración dixital e serán complementadas con comunidades de práctica e videos tutorais para axudar no que engloba á sede electrónica, facturación, contratión ou tamén ao certificado dixital.

Ademáis de mirar cara o futuro, Rodríguez-Campos fixo un repaso noutros temas como as actividades organizadas nestes seis meses que xa leva o ano. Este tempo sirviu para convocar 596 actividades formativas que entre todas equivaleron a case 30.000 prazas tanto para traballadores da administración pública como para á sociedade xeral.

No informe presentado pola EGAP tamén se destacou as 8.400 prazas do programa de autoformación, os 47 cursos e 1.750 prazas en materia de idiomas e as 38 edicións e 1.900 prazas do Plan formativo ofimático de Galicia.

Outra faceta que a directora quixo poñer en valor é a formación ofrecida ao persoal da Administración local que se realizou seguindo dous métodos: directamente a través da Escola ou mediante as subvencións. Quedando así de forma directa a unha convocatoria, no que vai de anon dun total de 28 cursos, o que serína 1.320 prazas destinadas a este colectivo. Por outra parte, as subvencións axudarán a poñer en marcha un total de oito plans formativos creados de forma específica polas entidades locais e para o propio persoal.

Dando conta dos últimos número publicados da Regap e de Adminsitración&Cidadanía, anunciouse aos membros co consello as novidades editoriais da Escola e da próxima convocatoria da XXII edicións do Premio Manuel Colmeiro, cuxo obxectivo céntrase en fomentar e distinguir traballos de estudo e invsetigación sobre as administracións etrritoriais, isntitucionais e intrumentais do sector público de Galicia.

Outra aportación na que a directora fixo fincapé durante a presentación do informe foi a convocatoria regular de xornadas e cursos monográficos relativos a temas de relevancia para a Adminsitración pública e abertos a toda a cidadanía.

Entre as actividades ofertadas destacou Sonia Rodríguez-Campos o Curso monográfico sobre o patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística, o cal tivo moita popularidade chegandoa recibir preto de 250 solicitudes para poder matricularse, ou o Curso mongráfico sobre Dereito TIC e compliance.

Finalmente, realizouse un anticipo aos integrantes do Consello Reitor as actividades que se levarána cabo nesta categoría nos próximos meses, resaltando formacións como por exemplo: O Curso superior de administración electrónica ou o Curso monográfico sobre detección e intervención ante a vioelencia machista nos centros de mariores.