El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Deseñadora de zocos

Elena Ferro: “Os zocos que deseño representan a nosa identidade cultural e social”

{ Merza, 1975 } Dende o rural e con paso firme, Elena Ferro puxo en boga un calzado histórico da cultura galega, os zocos. Nas súas creacións vangarda e tradición danse a man para calzar as novas xeracións de galegos. A herdeira do taller familiar, que en 1915 inaugurou o seu avó, levou estes zapatos ata o estranxeiro, onde tamén triunfa.

FOTO: ECG
FOTO: ECG

ISABEL BLANCO. SANTIAGO  | 27.10.2015 
A- A+

Empresarialmente, que momento vive hoxe a súa tenda?

Para nós é un momento moi bo porque estamos a revivir a arte que sempre estivo aí pero que moitos desprezaban. Agora por fin dignificamos o noso traballo.

Cal foi a clave da súa expansión comercial?

A clave reside en traballar moito e en ter feito pequenos cambios para adaptar os zocos aos tempos que vivimos hoxe en día. Pero foi un proceso moi longo e por iso non queremos que sexan unha moda senón que sexan un calzado máis e que a xente saiba que se queren zocos, fanse zocos.

Hoxe os zocos están experimentando un gran auxe, a que atribúe este éxito?

As redes sociais axudáronnos moito, especialmente, as montaxes que facemos con zoquiños pequenos ou coas escenas cotiás da labranza e do que somos. A publicación destas composicións no Facebook (EFerro) axudou moito á difusión do noso traballo porque, ademais de contar unha pequena historia, conseguen sacar un sorriso á xente. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt