El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

En galego vende máis

Núñez Feijóo defende a galeguidade como impulso da competitividade ante o Foro Enrique Peinador de empresarios que apostan polo uso do idioma propio

Xesús Vázquez, á dereita de perfil, xunto a empresarios onte no hotel Pazo de Lestrove.    - FOTO: Antonio Hernández
Ver galería
Xesús Vázquez, á dereita de perfil, xunto a empresarios onte no hotel Pazo de Lestrove. - FOTO: Antonio Hernández

ROSA PRADO SANTIAGO   | 29.09.2012 
A- A+

A identidade galega das nosas empresas non supón hándicap algún para a súa expansión porque "lonxe de empequenecer, a galeguidade engrandece. E o idioma tamén". Así o afirmou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante o nutrido club de empresarios que defende o uso da lingua galega no ámbito empresarial, e que se reúne en torno ó Foro Enrique Peinador.

No marco do Hotel Pazo Lestrove, no concello coruñés de Dodro, o presidente galego, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, resaltou que Galicia é unha "célula de universalidade" tamén no mundo empresarial. "As empresas teñen identidade territorial. Cando esa identidade é aberta como a nosa, non limita a súa expansión senón que lle proporciona máis vitalidade para competir".

Más información en su edición de Orbyt